|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*O
BNG asina un convenio de colaboración con
Wallmapuwen-compatriotas do pobo mapuche
Redacción
14 de marzo 2006. BNG pode servir de modelo organizativo para
Wallmapuwen, organización política mapuche –nación
indíxena que reside maioritariamente en territorio chileno-
que aspira a converterse en partido. Así o contou Ana
Miranda, portavoz do BNG no parlamento europeo, ao dar noticia da
sinatura dun acordo de colaboración entre as dúas
organizacións.
Miranda, en rolda de imprensa
conxunta con Víctor Naguil, responsábel de Relacións
Internacionais de Wallmapuwen-Compatriotas do pobo Mapuche,
explicou como os representantes mapuches estaban especialmente
interesados nas cuestións organizativa e lingüística.
Esta visita servirá tamén para que Naguil se reúna
con distintos cargos da Xunta de Galiza e representantes de
organizacións sociais como a Mesa pola Normalización
Lingüística.
Wallmapuwen demanda a constitución
dunha autonomía que abrangue 3 rexións de Chile, e
defínese como movemento nacionalista, máis non
indixenista, posto que as súas propostas están
orientadas tamén aos chilenos que residen en territorio
mapuche. Naguil, profesor universitario de Historia, afirmou que
se alegraban de concretar as relacións informais que xa
mantiñan co BNG e de recoller experiencias positivas, por
exemplo da política de goberno.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|