|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*O
Estatuto proposto polo BNG propón que o goberno galego
asuma competencias en materia de cooperación
internacional
Redacción
14 de marzo 2006
A
cooperación exterior foi o tema principal da reunión
institucional que mantivo unha delegación do BNG, da que
formaban parte Bieito Lobeira, Roberto Mera e Cecilia Pérez
Orxe, co presidente e o secretario da Coordenadora Galega de ONGs
para o Desenvolvemento, Xosé M. Torres Bouza e Fidel Martín
Rocha. Segundo o texto elaborado polo BNG “os poderes
públicos galegos exercerán, en cooperación co
Estado, as competencias en materia de cooperación
internacional ao desenvolvemento”.
Pola
súa banda, os representantes da coordenadora amosaron
especial interese en que o novo Estatuto defina o papel de Galiza
no mundo en materia de cooperación ao desenvolvemento.
A
maiores, os representantes nacionalistas convidaron á
coodenadora a comparecer ante a comisión parlamentaria que
elabore o Estatuto, como veñen facendo con distintas
organizacións sociais. A acollida desta proposta foi “moi
positiva”, segundo Bieito Lobeira.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|