|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*Preséntase
en Santiago un novo proxecto
político mapuche
Redacción
14 de
marzo 2006
Aspira
a constituirse en partido para reclamar a autonomía
política desta nación en Chile. A Galería
Sargadelos de Santiago acollerá hoxe, martes 14 ás
20:00h. a presentación en Galiza de WALLMAPUWEN
(Compatriotas do País Mapuche), organización que
aspira a constituirse próximamente en partido político
chileno para representar os intereses dos habitantes desta nación
indíxena.
Na
súa Declaración de Principios, Walmapuwen entende
como necesario conformar un proxecto político que dea
resposta a “cuestión nacional” mapuche para o
que reclamará no seu programa inmediato un Estatuto de
Autonomía que contemple un goberno e un poder lexislativo
no territorio da actual rexión da Araucanía. O novo
partido, defensor do dereito de autodeterminación dos
pobos, defínese como pluralista, laico e progresista e
quere promover reformas democráticas no estado chileno
ademais de abogar pola defensa dos sectores populares que padecen
de exclusión social, política ou económica.
O
acto, organizado pola Fundación
Galiza Sempre, contará coa presenza de Victor Naguil,
profesor, investigador e responsable de relacións
internacionais da formación mapuche que se atopa en Galiza
para manter contactos co BNG e con diversos representantes sociais
e institucionais.
A fundación nacionalista continúa
deste xeito o seu labor de intercambio e divulgación de
diversas experiencias sociais e políticas latinoamericanas
nunha conxuntura de especial interese polas transformacións
que se suceden neste continente. O representante mapuche será
presentado polo Director da Fundación e pola portavoz do
BNG no Parlamento europeo.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|