|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*ADEGA
solicita do Concello de Ribadeo, da Dirección Xeral de
Urbanismo, da Dirección Xeral de Recursos Mariños e
da Consellaría de Meio Ambiente a paralización das
obras da piscifactoría de Rinlo (outra vez)
Redacción
14 de marzo 2006
Con data de 3 de
Xaneiro, a Dirección Xeral de Conservación da
Natureza nun informe de aclaración das medidas correctoras
recollidas na Declaración de Impacto Ambiental (do que
ADEGA xa denunciara que parecía feito á medida, para
que os Sr. Alvárez-Cascos poidera solicitar do Xulgado o
levantamento da paralización cautelar) dispón que
“as
obras deberán contar coas autorizacións sectoriais
que correspondan”.
Por
outra parte, dito informe vén a introducir unhas
modificacions no proxecto que a calquera outro veciño, -en
aplicación da lexislación vixente-, lle terían
obrigado á tramitar a modificación do correspondente
proxecto sectorial, a modificación da licenza municipal e
máis a autorización para a ocupación da zona
de servidume do dominio público marítimo-terrestre.
É
por isto que, por parte de ADEGA, en aplicación dunha
lexislación vixente que ten que aplicarse a todos por
igual, veñen de solicitar, -en cadaseu escrito dirixido á
Consellería de Meio Ambiente, á Dirección
Xeral de Urbanismo, a Dirección Xeral de Recursos Mariños
e á Alcaldía de Ribadeo-, a tramitación por
parte de ACUINOR, S.L. das preceptivas modificacións
-da
licenza municipal otorgada pola Xunta de Goberno de Ribadeo con
data do 29 de Xullo do 2005;
-do
correspondente proxecto sectorial, aprobado en reunión do
Consello da Xunta do 28 de Xullo do 2005;
-da
autorización de ocupación da zona de servidume de
protección do dominio público marítimo-terrestre,
concedida pola Delegación Provincial da Consellaría
de Política Territorial.
Solicítase
tamén de cada un destes organismos que se ordene a
paralización das obras que o Sr. Alvárez-Cascos tén
reiniciado na parcela de Rinlo entretanto non se lle autoricen as
modificacións pertinentes e entretanto non poda serlle
outorgada a concesión de actividade e permiso de actividade
por parte da Consellaría de Pesca e asuntos marítimos.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|