|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*O
xornalista navarro Manuel Martorell falará sobre a
“Diversidade e o Pluralismo en Oriente Medio”
Redacción
14 de
febreiro 2006
O
Xornalista navarro Manuel Martorell
, estará o 15 de Febreiro en Santiago, na sede do Club
Internacional de Prensa (Avda. Coruña 6 baixo), para
falar sobre a “Diversidade e o Pluralismo en Oriente
Medio”. O acto terá lugar ás 20:00 hs., e
será aberto ó público en xeral. O
acto está organizado polo IGADI e o Club
Internacional de Prensa. Na Conferencia estará tamén
presente Irfan Güler, avogado kurdo residente en
Santiago, que
ten levado a cabo distintos
proxectos de cooperación entre o concello
compostelán e distintas cidades kurdas. Actualmente,
está traballando no proxecto de rehabilitación do
casco histórico do concello kurdo da cidade de
Diyarbakir Sur. A fins de marzo, celebrarase en Santiago unha
Semana Cultural Kurda. Cando vivía en Kurdistán,
Irfan Güler levou a cabo –como avogado- a defensa dos
dereitos do pobo kurdo, participando en diferentes comisións
do Colexio de Avogados de Estambul e é membro da
Asociación de Dereitos Humanos desta mesma cidade,
Diyarbakir. Foi Secretario Xeral da Fundación para a
Investigación sobre a Sociedade e a Lei, en Estambul, que
está apoiada pola ONU e cuxos fins don a rehabilitación
física das persoas torturadas en Turquía, e a
defensa dos seus dereitos no Tribunal Europeo de Estrasburgo.
Hoxe está realizando o doctorado na Facultade de Ciencias
Políticas de Santiago.
Manuel Martorell
A
disertación de Martorell centrarase en boa medida na
situación kurda. Os kurdos compoñen o pobo sen
estado maior do mundo, con máis de 30 millóns de
persoas divididos polas fronteiras de Irán, Irak, Turquía
e Siria. Nestes catro países, debido ás políticas
de represión e nalgunhs épocas, de limpeza étnica
ou xenocidio, o pobo kurdo rematou dotándose de fortes
organizacións político-militares en defensa dos
seus dereitos nacioanis, xeralmente negados de xeito
intransixente polos respectivos gobernos destes catro países.
A
inviabilidade de modificar as fronteiras establecidas
trala desarticulación do Imperio Otomano ó
rematar a I Guerra Mundial, fai practicamente imposible a
consecución destas reivindicacións, o que deu á
cuestión kurda un carácter irredentista. Esta é
a razón que converteu o problema kurdo nun asunto de
primeira orde para estes poderosos Estados, fundamentalmente,
pola profunda proxección desestabilizadora que a
consecución destes dereitos terían en toda a
zona. O feito de que o Kurdistán, o país dos kurdos,
inclúa zonas de gran valor económico, sobre todo na
produción petrolífera, agrícola e tamén
no subministro de auga nesta desertizada rexión, non
fai máis que dar maior relevancia ó problema.
A
importancia do problema kurdo tamén pasou a un primeiro
plano da actualidade internacional debido, fundamentalmente, á
guerra de Irak, onde as organizacións kurdas están
xogando un papel clave na transición e configuración
do novo escenario político, e as negociacións
entabladas para a integración de Turquía na Unión
Europea, que require entroutras esixencias, a concecion de maiores
marxes de liberdade para esta minoría. Igualmente, as
organizacións kurdas en Irán son as principais
impulsoras da oposición, tanto fronte ó réxime
integrista da República Islámica, como ante o actual
goberno do Bachar al Asad en Siria.
Dada a actual crise
desta rexión de tanta importancia económica e
xeoestratéxica para o resto do mundo, conside´rase
que o protagonismo do pobo kurdo e das súas
organizacións políticas non deixarán de
aumentar nos vindeiros acontecementos ou cambios que se
desenvolvan nesta conflictiva rexión.
Traxectoria
profesional de Manuel Martorell
Manuel Martorell
traballou como xornalista na Axencia Efe, en Diario 16 e La
Voz de Almería, con distintas responsabilidades de
dirección en varios destes medios. Foi tamén membro
fundador de El Mundo, co cargo de xefe da sección de
Política nacional, e logo, corresponsal deste xornal en
América Latina, e xefe da sección de
política internacional. En numerosas ocasións
foi enviado especial a Turquía, Irán, Irak, Siria,
Líbano e Chipre. Dende o 2001 ó 2004, colaborou e
foi analista en temas de Oriente Medio en El Mundo, El
Confidencia, na revista La Aventura de la Historia, no Real
Instituto Elcano de Estudos Internacionais e Estratéxicos
–entidade patrocinada polos Ministerios de Asuntos
Exteriores e Defensa, o IGADI e o Centro de Investigación
para a Paz.
Tamén fixo varios traballos de
dirección, guión e realización de reportaxes
videográficas sobre a situación do pobo kurdo trala
Guerra do Golfo do 1991, para distintas cadeas de televisión
tanto estatais como autonómicas.
En canto ós
seus libros publicados, cabe salientar: Los kurdos: historia
de una resistencia, Jesús Monzón: el líder
comunista olvidado por la Historia, Andanzas de un carlista
del siglo XX, El exilio republicano navarro en 1939,
Kurdistán: el complot del silencio, La comarca de
Pamplona. Territorio, economía, sociedad e historia,
Irak: reflexiones sobre una guerra, Genocidio y crímenes
contra la Humanidad, Kurdistán: viaje al país
prohibido, e Mujeres que la Historia no nombró.
Dende
1991 á actualidade, ten participado tamén en
numerosos Congresos e impartido conferencias sobre a
situación do pobo kurdo, o mundo árabe, os medios de
comunicación: a información sobre os conflictos
armados e a cooperación internacional, os conflictos
europeos, etc...
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|