|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*Continúa
a polémica coa piscifactoría de Rinlo
Redacción
14 de
febreiro 2006
Onte pola mañá, na Audiencia Provincial de
Lugo, tivo lugar a vista do recurso de apelación presentado
pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
contra o levantamento de medidas cautelares decidida polo Xulgado
de Mondoñedo en Setembro do pasado ano, con motivo da
implantación dunha piscifactoría nunha zona
protaexida da Rede Natura.
Nesta
vista, por parte de ADEGA volveron a insistir na ilegalidade da
licencia municipal e na irreversibilidade dos danos que esta
piscifactoria vai producir de forma absolutamente inxustificada
sobre un espacio da Rede Natura con hábitats prioritarios
en perigo de desaparición e tamén sobre un espacio
de enorme interese paisaxístico. Por parte da Empresa,
según informa ADEGA, a mesma indignidade de sempre:
pretender xustificar que as obras contan con todas as
autorizacións preceptivas incluída a legalidade da
licencia municipal, rematando logo tratando de confundir ao
tribunal da Audiencia Provincial argumentando a favor do
levantamento das medidas cautelares co grave dano á facenda
local porque perdería os 40.000 euros da licencia de obras
e co grave dano social á povoación de Ribadeo e de
Rinlo pola perda de postos de traballo. Tamén argumentou o
abogado do Concello en contra da protección de dito
espacio, xa que era un terreno agrario procedente da concentración
sen interese ecolóxico algún e donde, sería
contradictorio poder plantar millo ou patacas e non poder instalar
a piscifactoría do Sr. Alvárez-Cascos.
ADEGA
agarda que o Tribunal da Audiencia Provincial se lea a Directiva
92/43 sobre a Rede Natura e tamén a lexislación da
concentración parcelaria, a lexislación que regula a
concesións de instalacións de acuicultura e máis
a Lei do solo e teña claro que:
1.- A protección
que exixe esta Directiva abarca a integridade da Rede Natura e non
só aos hábitats prioritarios; 2.- Que non é
o mesmo a actividade tradicional do pastoreo de gando ou do
cultivo de millo e patacas que unha urbanización industrial
por máis que, para disimular, leve o eufemístico
nome de “parque de tecnoloxía alimentaria”. En
todo caso, é unha aberrante inxustiza que se poda especular
(vendendoos a precio de 1 Euro o metro cadrado) cuns terrenos
procedentes da concentración parcelaria cando, -dacordo coa
propia Lei da concentración parcelaria-, só poden
ter un uso relacionado coa actividade agraria ou coa conservación
de espacios naturais; 3.- E que, dacordo coa Lei do Solo, non
pode haber licencia municipal sen que antes consten todas as
autorizacións preceptivas. E neste caso segue a faltar a
autorización da Consellería de Pesca, porque non
pode habela mentras o promotor non aporte a totalidade dos
terrenos necesarios para a instalación.
E, por
último, ADEGA quer manifestar que resulta indignante que
esta adminsitación que nos tén prometido acabar co
trato de favor e máis coa corrupción do goberno
anterior chegue a autorizar unha instalación industrial
deste tipo sobre un espacio protexido da rede natura cando sobran
ubicacións en Ribadeo e en Rinlo sen afectar a este LIC de
As Catedrais de enorme interese ambiental e tamén
paisaxístico. De nada serven os grandes anuncios de
protección ambiental e de protección da paisaxe,
cando, logo, se deixan avanzar indignidades como a desta
piscifactoría que en dous concellos de Asturias foi
rexeitada por afectar a espacios protexidos.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|