Publicidade
Contacto
|
*Amnistía Internacional organiza un coloquio en Vigo con dous ex presos de Guantánamo
Redacción 13 de decembro de 2006 Para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos Humanos (10 de
decembro), Amnistía Internacional organiza o venres 15 de decembro ás 20.00
h. no Salón de Actos da ONCE en Vigo (Gran Vía, 16) unha charla-coloquio
baixo o título de "DE VOLTA DE GUANTÁNAMO" con Ruhal Ahmed e Shafiq Rasul,
ex presos do centro de detención de Guantánamo durante case 3 anos.
Os tres de Tipton
Rhuhel Ahemed, Asif Iqbal e Shafiq Rasul proceden de Tipton, unha zona pobre
do centro de Gran Bretaña, na que hai unha pequena comunidade de orixe
Pakistaní e de Bangladesh. Rhuhel Ahemed e Asif Iqbal eran amigos desde o
colexo. Ningún deles foi educado na relixiosidade. Shafiq Rasul, tamén
amigo dos anteriores, pero 5 anos maior, tiña un traballo nun almacén de
materiais eléctricos e acudía a clases na Universidade de Central England.
Foron detidos no norte de Afganistán o 28 de novembro de 2001, e logo foron
levados a Guantánamo, de onde foron liberados sen cargos en marzo de 2004.
En setembro de 2001 eles tres e outro amigo, Monir, foron a Pakistán para
axudar a Asif a prepara-la súa voda cunha moza paquistaní. Decidiron entón
facer unha pequena viaxe a Afganistán, pero coincidíu co inicio da operación
"Liberdade Duradeira" de Estados Unidos contra os talibáns a raíz dos
atentados do 11 de setembro. Os catro amigos trataron de saír do país, pero
foron detidos, e máis tarde trasladados ao centro de detención da Baía de
Guantánamo, menos un deles, Monir, do cal aínda hoxe nada se sabe.
Estas son algunhas das súas experiencias durante os case tres anos que
pasaron detidos baixo custodia estadounidense:
"Fixéronnos sentar coas mans sobre as pernas, pero como estabamos maniatados
esta posición era moi incómoda, así que movinas sobre o meu regazo. Un
soldado veu entón e díxome que as puxese sobre os xeonllos, e fíxeno. Entón
o soldado dixo 'este fillo de puta fala inglés' e comezou a golpearme, deume
unhas 20 patadas e puñetazos. Fíxome unha ferida nunha perna e estiven case
un mes sen poder andar". Testemuño de Rhuhel Ahmed sobre a súa chegada a
Guantánamo.
Información xeral
O presidente de Estados Unidos, George Bush, recoñeceu o pasado setembro a
existencia dunha rede de centros segredos de detención. EE.UU. creou unha
rede de centros segredos de detención, onde se fixo desaparecer a un número
indeterminado de persoas, secuestradas en diferentes países e trasladados en
voos segredos da CIA. Unhas 70.000 persoas foron detidas por Estados Unidos
fóra do seu territorio desde finais de 2001. Só en Guantánamo seguen detidas
unhas 400 persoas en condicións que poden constituír trato cruel, inhumano e
degradante, e sen posibilidade de acceder a unha xustiza imparcial. Tamén en
Estados Unidos aprobouse unha Lei sobre Comisións Militares, que legaliza o
uso a tortura en casos de sospeitosos de terrorismo.
Voltar á Portada
Ver anteriores
|
Publicidade:
|