Publicidade
Contacto
|
*Primeiro concerto de fin de carreira da especialidade de música tradicional galega
Redacción 13 de novembro de 2006 A titulación superior en música tradicional galega, impartida no Conservatorio superior de música de Vigo está de noraboa, xa que o vindeiro día 21 de novembro, coa celebración do concerto de fin de carreira a cargo do gaiteiro Xosé Luís Miguélez, verá por fin a súa primeira promoción de titulados.
Houbo que agardar cáseque trinta anos para iso, xa que foi na década dos setenta cando os estudios de música tradicional comezaron a ter caracter oficial dentro dos conservatorios. Este feito histórico para a música galega terá lugar na data antes indicada no "Auditorio Martín Codax" do Conservatorio superior de música de Vigo ás 20:00h e a entrada será libre até completar o aforo.
Auditorio Martín Codax do Conservatorio Superior de Música.
Manuel Olivié, nº 23 •36203- monte do Castro - VIGO Telf: 986 471144
web: http://centros.edu.xunta.es/cmussuperiordevigo/
Martes 21 de novembro ás 20 horas.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
Publicidade:
|