ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*
Galiza defenderá as súas cores no seu debut como selección nacional contra Uruguay


Redacción 13 de outubro 2005 A selección galega de fútbol debutará o 29 de Decembro nun partido no que defenderá as súas cores fronte a outro combinado nacional o uruguaio. Será ás 20.30 h no Multiusos de San Lázaro, en Santiago de Compostela.

Asi o anunciou na apresentación da camiseta oficial do equipo, o Director Xeral para o Deporte, Santiago Domínguez Olveira, quen asegurou que tan só falta asinar o contrato, pero todo parece apuntar que a noticia se confirmará deseguida.

Durante a apresentación do equipamento da selección de Galiza, a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, agradeceu ao equipo da empresa Revisión, encargada do deseño da vestimenta do combinado galego, a súa "aplicación" neste proxecto.

Bugallo non puido reprimir o seu entusiasmo ao dicir "Por fin, xa temos as nosas cores", ao tempo que amosou o seu desexo de que o equipo una a toda Galiza.

Nesta mesma liña, o Director Xeral de Deporte apuntoui que se trata dun "día especial" ao poder apresentar a imaxe da selección galega de fútbol e cumprir cunha iniciativa "moi demandada" polos galegos e polo deporte do país. Domínguez Olveira animou, ademais, a toda a afección a acudir no día do debut.



Voltar a novas

Ver anteriores