|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*Les
Luthiers inician a xira galega no Sar
Redacción
13 de outubro 2005
A xira de Les
Luthiers
por Galicia ábrese no Multiusos do Sar, en Santiago, os
días 18 e 19 de outubro e séguenlle: O pavillón
das Travesas (en Vigo) o 21 e 22; o pavillón Paco Paz (en
Ourense) o 25 e 26; o Coliseum da Coruña os días 27,
28 e 29; e o Pazo Universitario de Lugo o día 30 de
outubro. O espectáculo que os achega desta vez á
nosa terra leva por nome Las obras de ayer (El
refrito).
Trátase
dun espectáculo composto por nove temas: El sendero de
Warren Sánchez, La balada del 7º regimiento, El
explicado, Pepper Clemens sent the messenger: nevertheless the
reverend left the herd, Quien conociera a María amaría
a María, San Ictícola de los peces, Canción a
la independencia de Feudalia, La hora de la nostalgia e Cantata
del adelantado Don Rodrigo Díaz de Carreras, de sus hazañas
en tierras de Indias, de los singulares acontecimientos en que se
vio envuelto y de cómo se desenvolvió. Todos eles
temas xa coñecidos polos fans do grupo posto que, como o
propio nome indica, é un espectáculo recompilatorio
de temas que xa levaron a escea.
Les Luthiers é unha
formación nacida na Arxentina en 1966, dende entón
pasaron polas súas filas diversos 'luthiers', algúns
dos seus fundadores, por exemplo, xa non actúan hoxe en día
pero a formación séguea compoñendo un
quinteto: Carlos López Puccio, Carlos Núñez
Cortés, Daniel Ravinovich, Jorge Maradona e Marcos
Mundstock.
A historia Les Luthiers naceron ao
aveiro dunha corrente que se desenvolveu entre os universitarios
arxentinos aló pola década dos sesenta, cando se
espertou unha importante afición polas actividades corais.
A raíz disto creáronse festivais de coros pero, como
entretemento paralelo, eran frecuentes as reunións dos
compoñentes dos coros para presentar actuacións en
ton humorístico e foi aínda onde entraron Les
Luthiers.
Foi en setembro de 1965, durante a celebración
do Festival de Coros Universitarios en Tucumán. Algúns
dos integrantes dun dos coros presentaron alí mesmo un
espectáculo en clave de humor no que interpretaban á
perfección un concerto de música barroca, formado
por solistas, coro e un pequeno conxunto instrumental. Isto último
era o que consituía a principal particularidade da
formación, posto que os instrumentos non eran precisamente
convencionais senón complicados artiluxios que,
curiosamente, soaban á perfección. A obra central
que itnerpretaron foi Cantata Laxatón, composta por Gerardo
Masana (un dos fundadores de Les Luthiers), e o texto da
mencionada Cantata baseábase no prospecto dun coñecido
laxante.
Como era de agardar a actuación tivo unha
repercusión importane, que lle valeu a ese peculiar coro un
contrato para repetir a actuación nunha sala de festas de
Bos Aires, na que reinterpretaron os seus espectáculos ao
longo de tres meses. Aí comezaba o imparable despegue de
Les Luthiers que, ao cabo de nove anos, comezaron a realizar xiras
internacionais que aínda hoxe en día os levan polo
Brasil, Colombia, Cuba, Chile, Ecuador, España, Estados
Unidos, Israel, México, Perú, Paraguai, Uruguai ou
Venezuela.
Discos e libros Os espectáculos
de Les Luthiers comezaron a gravarse no ano 1971 e o primeiro
deles foi Sonamos pese a todo ao que lle seguiron obras tan
coñecidas como Cantanta Laxatón, Mastropiero que
nunca, Les Luthiers hacen muchas gracias de nada, Cardoso en
Gulevandia ou os arquicoñecidos Les Luthiers volumen...
.
Pero a súa orixinalidade e o apoio de público
e crítica ante un espectáculo de humor e música
da calidade dos espectáculos de Les Luthiers deu en
producir non só discos ou gravacións audiovisuais
desas actuacións. Outra das consecuencias da fama deste
quinteto foi a proliferanción de libros sobre determinados
espectáculos, sobre os membros do quinteto ou sobre a
propia historia de Les Luthiers. Algunha desta bibliografía
constitúena:
Les
Luthiers de la L a la S, Daniel Samper (1991)
Cantando
bajo la ducha. Quince lecciones para alcanzar el sueño de
ser músico, Daniel Samper e Jorge Maronna (1994)
Carlos
Iralde, luthier de sonidos, Lucía Maranca (1997)
Cien
caracoles argentinos, Carlos Núñez e Tito
Narosky (1997)
Confesiones
de un espermatozoide, Daniel Samper e Jorge Maronna (1997)
El
sexo puesto, Daniel Samper e Jorge Maronna (1999)
De
tripas corazón. Una novela berracamente espiritual,
Daniel Samper e Jorge Maronna (1999)
El
tonto emocional. Un novelón para espíritus
selectos, Daniel Samper e Jorge Maronn (1999)
Copyright.
Plagios literiro y poder político al desnudo, Jorge
Maronna e Luis M. Pencetti (2001)
Cuentos
en serio, Daniel Ravinovich (2003)
El
silencio del final. Nuevos cuentos en serio, Daniel
Ravinovich (2003)
Gerardo
Masana y la fundación de Les Luthiers, Sebastián
Masana (2004)
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|