ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*ADEGA solicita aos TECORES e asociacións de cazadores a suspensión voluntaria da caza nas áreas queimadas

Redacción 13 de setembro de 2006
Mediante unha carta enviada onte e dirixida ao Presidente da Federación Galega de Caza, ADEGA solicita a suspensión voluntaria da tempada de caza (que dará comezo o vindeiro 22 de outono) nas áreas queimadas, co fin de que se poidan recuperar as especies cinexéticas o máis axiña posíbel, xa que sin que estas ficaron decimadas tras a vaga de lumes deste verán.

A continuación reproducimos o texto íntegro da carta.

Carta de ADEGA á Federación Galega de Caza

Compostela, 12 de setembro de 2006. Ao Presidente da Federación Galega de Caza.
Como de seguro recoñecerá, a vaga de lumes que vimos de sofrer ten entre as súas consecuencias, alén dunha importante perda da biodiversidade nas áreas arrasadas polo lume, unha preocupante falla de recursos para as comunidades faunísticas do monte. Nas zonas queimadas, non só desaparece a cuberta vexetal deixando o solo desprotexido fronte á erosión, senón desapareceron do medio cáseque a totalidade das manifestacións de vida, ecosistemas e hábitats enteiros de complexa recuperación.

As especies cinexéticas e os seus hábitats acusaron tamén os graves impactos que o lume nos deixou: boa parte das comunidades cinexéticas foron diezmadas do lume e as restantes atópanse nunha situación extrema.

É por isto que ADEGA, partindo da constatación destes feitos e á vista de que está a punto de iniciarse a tempada de caza (22 de outubro), considera imprescindíbel, e así llo ten solicitado da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, que entre as medidas a establecer para a recuperación do medio natural se considere a revisión da Orde do 7 de abril que regulamenta as épocas hábiles de caza no periodo 2006-2007. Neste senso, coidamos que a suspensión da tempada de caza en toda Galiza ou, cando menos, naquelas zonas arrasadas polo lume e áreas anexas, delimitando zonas de exclusión, permitiría que se poideran ir repovoando as superficies queimadas de xeito natural.

Estamos certos de que esta medida será compartida por todos aqueles cazadores sensibilizados coa natureza, conscientes de que antes de saír ao monte, o primeiro é recuperar o medio para garantir a caza no futuro. Por este motivo, e na liña do emprendido de xeito voluntario por algúns tecores e asociacións de cazadores, solicitámoslles promovan entre os seus asociados unha moratoria voluntaria da caza para a campaña 2006-2007 naquelas áreas afectadas polo lume, e insten tamén á D. X. de Conservación da Natureza a tomar medidas neste senso.

ADEGA

Voltar a novas


Ver anteriores