ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Opinión
Arquivo
Ligazóns
Anteriores


*Solicitan medidas cautelares para os encoros do Ulla e unha moratoria para todos os aproveitamentos hidroeléctricos


Redacción, 13 de xuño 2005. A Comisión Promotora da Iniciativa Lexislativa Popular, -da que tamén forma parte a Plataforma para a Defensa do Alto Ulla-, a través dun escrito enregado hoxe (e que esperan poder entregar de novo máis adiante co aval de moitas máis sinaturas de afectados e afectadas) e á vista da recente sentencia do Xulgado do Contencioso de Pontevedra que a Resolución de 23 de Abril de 2001 pola que se otorgaba a UNIÓN-FENOSA unha concesión para a construcción de sete novos aproveitamentos na cunca do Ulla, vén de SOLICITAR de AUGAS DE GALICIA, da CONSELLERÍA DE MEIO AMBIENTE e da CONSELLERÍA DE INDUSTRIA a aplicación de medidas cautelares para os encoros do Ulla no sentido de

a)      que se suspenda a tramitación dos expedientes actualmente en curso referidos a tais aproveitamentos;
b)      que se ordene a paralización das obras dos encoros de Touro e Brandariz, actualmente en construcción.

Dende esta COMISIÓN PROMOTORA, aínda que a sentencia do Xulgado do Contencioso de Pontevedra non sexa firme,  enténdemos que, sendo previsible que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia veña a ratificar o fallo do Xulgado de Pontevedra, é de xustiza que dende AUGAS DE GALICIA e dende a CONSELLERÍA DE MEIO AMBIENTE se ordene esta paralización das obras de execución e a suspensión dos correspondentes expedientes adninistrativos porque outra cousa sería deixar sen efecto, pola vía dos feitos consumados, a sentencia definitiva que no seu día emita o Tribunal Superior de Xustiza: a promoción das enerxías renovabeis de ningunha maneira pode servir de excusa para o que, ao fin, non é máis que un inaceptable trato de favor cara UNIÓN-FENOSA que se tén ratificado coa presentación de recurso por parte de Augas de Galicia contra desta Sentencia do Xulgado de Pontevedra. Se todos somos iguais ante a Lei, non pode permitirse que, -mentras se tén realizado (no 2003) expediente de caducidade a un aproveitamento hidroeléctrico que os herdeiros de García Ouro tiñan concedido na zona de Frádegas-, se consinta que unha concesión do 1.962 procedente dun tempo no que as previsións enerxéticas eran moi outras e o meio ambiente nen se valoraba poda continuar adiante a pesar deste pronunciamento inicial dos Tribunais de Xustiza.

Por outra parte, á vista de que a diario están a publicarse no Diario Oficial de Galicia máis e máis solicitudes de novos aproveitamentos hidroeléctricos, á vista de que está pendente de transposición e de aplicación a Directiva Marco da Auga e á vista de que, por Resolución da presidencia de Augas de Galicia de 3 de Xuño publicada no DOG do pasado 9 de Xuño, está prevista a realización  dun estudo para a aplicación de dita Directiva Marco e a elaboración de novos plans Hidrolóxicos, entendemos que é necesario proceder a aplicación dunha moratoria á solicitude de máis aproveitamentos hidroeléctricos ata tanto non se proceda á transposición da Directiva Marco da Auga e á elaboración dun novo plan hidrolóxico no que, dado o excedente de enerxía eléctrica que xa hoxe producimos e os graves impactos das presas nos ríos, a producción enerxética non poda prevalecer sobre a conservación dos ecosistemas fluviais e a calidade da auga.


Voltar a novas

Ver anteriores