|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*Jorquera
afirma que “a vía galega debe ser a da plena
equiparación de dereitos de Galiza con Euskadi e
Catalunya”
Redacción
13 de
xaneiro 2006
“As propostas galegas non poden ser un
eco das de Andalucía ou Estremadura, porque iso
significaría perdermos de feito a condición
constitucional de nacionalidade”.
O coordenador
executivo do BNG,
Francisco Jorquera, considera que a vía galega cara o
afortalamento do autogoberno nacional
debe ser “a da plena equiparación de dereitos de
Galiza con Euskadi e Catalunya”, como corresponde ao feito
de “sermos nós tan nación como a que
máis”.
Jorquera
–que tomou parte hoxe, na Sede Nacional do BNG, nunha
reunión con dirixentes do PNV e CiU para preparar a
Asemblea que Galeusca celebrará o próximo día
25 de Xaneiro en Madrid- estima tamén que “as
propostas galegas non poden ser un eco das que se fagan desde
Andalucía ou Estremadura, porque iso significaría
perdermos de feito a condición constitucional de
nacionalidade”.
Através
deste comunicado de imprensa, o coordenador executivo do BNG quer
enfatizar que os procesos de reforma no Estado deben concretizarse
“no pleno recoñecimento da existencia de realidades
nacionais diversas no Estado, no pleno recoñecimento de que
o Estado español é un Estado plurinacional e de que
Galiza é precisamente unha das nacións que o
integran”.
O recoñecimento do carácter
plurinacional do Estado e, consecuentemente, o recoñecimento
de que Galiza é unha nación ten perfecto encaixe
nunha “leitura aberta, flexíbel e desprexuizosa”
da Constitución española. “En varios artigos
da Constitución española fálase da existencia
de distintos pobos como suxeitos colectivos e estabelece unha
clara distinción entre nacionalidades e rexións,
sendo o conceito nacionalidade sinónimo de nación”,
afirma Jorquera.
O coordenador executivo do BNG manifesta
que non é posíbel avanzar cara un maior degrao de
autonomía político se non é através
dunha “plena autonomía fiscal”. “A
consolidación dun espazo fiscal proprio de Galiza é
fundamental se queremos progresar como país. Os dados máis
recentes do chamadou Instituto Nacional de Estatística pon
de relevo que co actual modelo de financiamento a economía
galega se empobrece no contexto do Estado. A isto nos ten
conducido a retórica da mal chamada solidariedade estatal:
a diverxer cada día máis dos promedios de riqueza do
Estado e a ver agudizada a nosa situación de dependencia”,
alega Jorquera.
Neste sentido, o dirixente nacionalista non
ve nas propostas catalás de incremento da autonomía
fiscal nengún problema para Galiza. “Son propostas
feitas para Catalunya, pero que nós non podemos deixar de
ollar con simpatía, porque apontan na mesma dirección
que a nós nos cómpre para cambiar o rumo e encetar o
camiño da converxencia cos estándares medios de
riqueza do Estado”.
Galeusca
A respeito
de Galeusca, o coordenador executivo anunciou que o día 25
de Xaneiro, en Madrid, os líderes do PNV, Convergència
Democrática de Catalunya, Unió Democrática de
Catalunya e Bloque Nacionalista Galego –Josu Jon Imaz, Artur
Mas, Durán Lleida e Anxo Quintana- farán unha
importante declaración para fixar formalmente a súa
posición sobre o actual momento político que se vive
no Estado.
Galeusca aproveitará tamén esta
Asemblea de Madrid –na que tomarán parte membros das
Executivas e dos grupos parlamentares respectivos- para aprobar o
Plano de Actuación da Plataforma para 2006.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|