ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foros
Arquivo
Ligazóns

*Estabas a ler: O BNG pide a reprobación de Besteiro como Concelleiro de urbanismo de Lugo por non ter sido capaz de aprobar o Plan Xeral en todo o mandato

*PLAN XERAL PASO A PASO: A historia dun fracaso


Chuza! esta nova!
Redacción 12 de decembro de 2006 O candidato do BNG á alcaldía de Lugo, Xosé Anxo Lage, pediu a reprobación de José Ramón Gómez Besteiro como concelleiro de Urbanismo por non ter sido capaz de aprobar o Plan Xeral de Ordenación Municipal en todo o mandato. Lage, leu unha detallada cronoloxía co acontecido co PXOM dende o ano 2003 que titulou O Plan Xeral paso a paso: a historia dun fracaso. Reproducimos a continuación a cronoloxía:


Cronoloxía. As datas dun engano á cidadanía

06-09-03 Besteiro: O Goberno espera ter a final de ano un avance do PXOM

15-06-04 Orozco: O Concello enviará o PXOM á Xunta este mes

04-09-04 Besteiro: A proposta do PXOM retrasouse dous meses pero será enviada á Xunta neste mes

18-12-04 PRESENTADO O AVANCE DO PXOM. O Concello recibe o avance cinco anos despois de presentar o primeiro borrador e envíao á Xunta

28-12-04 BESTEIRO COMPARECE EN PLENO A PETICIÓN DO BNG POLO PXOM. Non foi capaz de presentar un avance dende que comezou este mandato, hai xa case dous anos

22-01-05 O BNG, obrigado a copiar á man o PXOM porque o Goberno local négase a facilitarlle unha copia

15-02-05 Orozco: Esperamos aprobar inicialmente o PXOM en maio e expoñelo ata xuño

20-04-05 Besteiro: A aprobación do PXOM queda para despois do verán

26-04-05 Besteiro: Escasas posibilidades de que o PXOM se aprobe antes de setembro

21-08-05 Orozco: O PXOM aprobaráse nun pleno extraordinario previsto para setembro

21-10-05 Besteiro: A Comisión informativa de Planeamento para aprobación do PXOM reuniráse na segunda semana de novembro

23-11-05 Os retrasos na aprobación do PXOM están provocando a multiplicación de licenzas que buscan consolidar a edificabilidade do PGOU de 1991

15-12-05 Besteiro anuncia, para gañar tempo, unha reunión coa oposición sobre o PXOM

30-12-05 Orozco: Queremos que o PXOM se aprobe a mediados de xaneiro

03-01-06 O Goberno local exprime ao máximo o PGOU de 1991 e apura ata o último momento antes da entrada en vigor da Lei do Solo, cunha Xunta de Goberno extraordinaria o día 31 de decembro, para aprobar proxectos urbanísticos cunha edificabilidade maior ca que se permitirá a partir de agora

08-01-06 Orozco: “O PXOM é unha prioridade para 2006”

14-01-06 O Goberno local entregará á oposición a documentación do PXOM o día 16 e o pleno de aprobación inicial será o día 24

17-01-06 O Goberno de Orozco quere ter aprobado o PXOM antes de final de ano

20-01-06 Orozco: “Os prazos para o PXOM son: 26 de xaneiro aprobación inicial, ata marzo exposición pública, ata xuño alegacións, en agosto aprobación provisional e en decembro a definitiva”

25-01-06 Orozco xustifica que o pleno de aprobación inicial do PXOM sexa ás 9:00 da mañán e di que non é para que non vaia xente ao pleno

26-01-06 PLENO DE APROBACIÓN INICIAL DO PXOM

13-02-06 Comeza a exposición pública do PXOM

19-02-06 Entrevista Orozco: “Non temo a repercusión electoral do Plan Xeral”

01-03-06 Besteiro: O PXOM terá unha vixencia duns 25 anos

01-04-06 O Goberno local envía a todos os domicilios un boletín propagandístico sobre o PXOM que custou 20.000 euros. Os anuncios en prensa, radio e televisión supuxeron outros 35.000 euros.

11-04-06 Orozco: Mantéñense os prazos para o PXOM: aprobación provisional en setembro e definitiva en decembro. “Os prazos cumpriránse”.

11-04-06 REMATA O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE ALEGACIÓNS. Presentadas 6.500.

11-05-06 O Goberno local acorda en Xunta de Goberno que os funcionarios de Urbanismo fagan horas extras para respostar ás alegacións do PXOM

12-05-06 O Concello envía ao equipo redactor a Madrid as alegacións ao PXOM para que as evalúen as redactoras do Plan Xeral

03-07-06 Aprobado en Pleno un documento interpretativo da suspensión de licenzas motivada polo PXOM e que rexerá onde se pode construir e onde non

01-08-06 Orozco dá orde ás redactoras do Plan Xeral para que adapten o PXOM de Lugo á nova lei ambiental. Os PXOM aprobados a partir do mes de xullo de 2006 deben someterse á Lei 9/2006 de Evaluación Ambiental Estratéxica.

14-08-06 Entrevista Orozco: “O PXOM estará aprobado este ano”

06-09-06 Orozco anuncia unha reunión con PP e BNG para analizar as alegacións que presentaron os partidos da oposición para tentar chegar a un acordo

06-09-06 Orozco confía en que non sexa necesario expoñer de novo o PXOM aínda que se acepten alegacións que o modifiquen sustancialmente e pensa que pasará sen problemas a Lei de Avaliación Ambiental

28-09-06 O Concello de Lugo solicita da Consellería de Medio Ambiente que se lle aplique ao PXOM de Lugo o principio de excepcionalidade para non ter que sometelo á Lei de Avaliación Ambiental

Voltar á Portada

Ver anteriores

Publicidade: