|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*Estrea
do filme "Exilios, Lorenzo Varela", de Xan
Leira
Redacción
12 de decembro 2005
O Teatro Principal de
Santiago de Compostela acollerá o martes 13
ás 20:00 h. a presentación do filme "EXILIOS,
Lorenzo Varela",
do director Xan Leira.
Exilios, é o termo que máis
axeitadamente define a vida de Lorenzo Varela, e con el, a de
milleiros de galegos que a emigración –primeiro- e o
franquismo -despois- roubaron da súa terra ao longo do
século XX. Por
este motivo, é o título escollido por Xan Leira para
esta longametraxe documental na que o percorrido vital de Lorenzo
Varela -marcado por un constante ir e vir de derrota en derrota-
constitúe o guieiro deste filme, que camiña
arroupado da reconstrucción histórica do contexto no
que viviu. Ao mesmo tempo, Exilios,
se convirte na máis merecida homenaxe a todos aqueles
desterrados que, como Varela, foron inxustamente castigados pola
historia co desarraigo e o esquecemento.
A
proxección contará coa presenza do Presidente da
Xunta de Galicia, D. Emilio
Pérez Touriño, o Concelleiro de Cultura do Concello
de Santiago, D. Nestor Rego, o director do filme, Xan Leira, e
varios participantes na longametraxe como o xornalista e
Secretario de Comunicación da Xunta, Fernando Salgado, o
catedrático Xesús Alonso Montero ou o escritor Xosé
Neira Vilas.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|