ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*
Quintana viaxa a Venezuela para entrevistarse con Chavez e analisar as relacións de cooperación entre os dous gobernos


Redacción 12 de decembro 2005 O vicepresidente galego analizará con Chavez en Caracas a aplicación dos convenios asinados co goberno venezolano. No marco desta visita, Quintana entrevistaráse co presidente da República de Venezuela, Hugo Chávez, co que analisará a aplicación dos protocolos de intencións asinados entre o Goberno autonómico e o bolivariano durante a recente visita do mandatario suramericano en Galiza.

O primeiro acto produciráse hoxe mesmo, cunha toma de contacto cos galegos na diáspora. Asi, a colectividade no exterior prevé celebrar na sede da Hermandade Galega en Caracas, unha homenaxe na súa honra, na que o vicepresidente intervirá para ofrecer o apoio da Xunta aos emigrantes galegos.

Xa máñá, Quintana terá varios encontros de carácter institucional con membros do Goberno de Chávez. O primeiro deles será co ministro de Economía Popular, Elías Jagua Milano, na sé dos eu departamento e, posteriormente, co ministro de Cultura, Francisco Sexto, home moi vencellado a Galiza.

Aplicación de convenios

Estes encontros servirán tamén para analizar a aplicación dos convenios asinados polo presidente da República na súa viaxe a Galiza o pasado mes de outubro, xa que as materias obxectos destes protocolos se centraron principalmente aos eidos do turismo, a cultura e o desenvolveento do rural.

Na última xornada da visita, Anxo Quintana aproveitará para coñecer unha das misións sociais postas en marcha polo Executivo caribeño, onde estará acompañado polo alcalde do Distrito Metropolitano de Caracas, Juan Barreto.


Voltar a novas

Ver anteriores