ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*
Londres: un incendio para a reflexión


Redacción 12 de decembro 2005 Na mañán de onte unha explosión en cadea na terminal de Petróleo de Buncefield de Londres daba lugar a un xigantesco incendio que tardará aínda días en ser sofocado.

ADEGA solidarizase cos afectados e afetadas por este incendio e ven con preocupación os danos ambientais e para a saúde que se van derivar desta enorme masa de fumes tóxicos. Ao mesmo tempo invitan á cidadanía e ás institucións de Galiza a unha reflexión a fondo sobre as tráxicas consecuencias que poden resultar dun accidente deste tipo cando tais instalacións se encontran no medio mesmo da poboación, como é caso de Reganosa en Mugardos, no mesmo corazón dunha ría prácticamente cerrada, ou o de Repsol en Vilagarcía.

En base ao principio de precaución que se recolle na Directiva 96/61 e na Lei 16/2002 de prevención e control integrado da contaminación, estas ubicacións nunca deberan de ser aceptadas. En base a este principio ADEGA solicita da Xunta de Galiza, en particular da Consellería de Industria, que se redifinan os usos das obras xa realizadas en cada un destes casos, e se busque para tais instalacións outra ubicación: como ben demostra este caso de Londres, un accidente sempre é posíbel e dado o caso dun accidente similar nos depósitos de gas natural derivaría todo nunha situación catastrófica mesmo dificil de imaxinar.

Voltar a novas

Ver anteriores