ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*O Automobilismo Galego condena tallantemente ás carreiras ilegais de vehículos

Redacción 12 de setembro de 2006
Nun comunicado de prensa enviado onte por Curuxarallye.info -comunidade virtual do mundo do automobilismo galego- informan que os amantes dos deportes de motor se desmarcan de xeito marioritario do que califican de "patéticos eventos" en alusión ás carreiras ilegais de vehículos e que nestes días inundan a prensa galega.

Curuxarallye.info é unha comunidade virtual formada por varios centos de usuarios rexistrados e con varios miles de usuarios que diariamente acceden a este foro.

A familia de Curuxarallye está formada por tódos os estamentos do automobilismo deportivo do País: afeccionados, pilotos, copilotos, organizadores, xornalistas... de tódolos niveis (desde afeccionados que só asistiron a unha carreira, ata membros de equipos de competición profesionais con participacións mundialistas e victorias en Rallys Nacionais).

Dado o número de usuarios e o seu número de accesos e mensaxes diarias pódese dicir que a voz de Curuxarallye é, hoxe por hoxe, a voz maioritaria do Automobilismo Deportivo en Galiza.

As Curuxas pensan que debido ós riscos deste deporte só pode ser practicado coas medidas de seguridade homologadas pola FIA (Federación Internacional de Automobilismo): vehículos con barras de seguridade que reforzan a carrocería; cascos, vestimenta ignífuga e potentes sistemas de suxección dos ocupantes; sistemas de extinción; circuítos ou tramos pechados para a disputa deste deporte; oficiais; comisarios; e membros das Forzas de Seguridade do Estado máis equipos Médicos de Rescate.

A xente que gusta do Deporte Automobilístico en Galiza, a xente de Curuxa, ve necesario que a opinión pública coñeza condena sen paliativos a este tipo de accións, indican.

Voltar a novas


Ver anteriores