|
Publicidade Contacto Novas Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*Xornadas
sobre Drogas e Mocidade no Barbanza
Redacción,
12 de maio
2005. De
novo Galiza
Nova volve organizar unha xornada
informativa e de debate sobre as drogas e a mocidade, asunto para
o cal a mocidade nacionalista vén reclamando
alternativas
claras desde hai tempo. Esta xornada abordará tanto a
exixencia da legalización, coa intervención de
representantes do BNG,
de Galiza Nova e da organización xuvenil da formación
portuguesa do Bloco de Esquerdas. Tamén se tratará o
tema do uso e abuso das drogas, coa presenza de psicológos
e traballadores en psicodependencia. Por último,
proxectarase un documental.
Nesta
ocasión, organizado por Galiza Nova do Barbanza, a xornada
terá lugar o venres 13 de maio no Centro Social de Boiro,
co seguinte programa:
20:00
Charla-coloquio:"Legalización" Carlos
Aymerich polo BNG Xosé Vicente por Galiza Nova Pedro
Pombeiro da Mocidade do Bloco de Esquerdas- Portugal
21:00:
Charla-Coloquio: "Drogas: uso e abuso" Luisa
Blanco Caramés (Unidade de drogodependencias de Noia) Luis
Nogueiras (Psicólogo da Asociación As Burgas) Xavier
Macías (Psicólogo)
22:00. Proxección
do documental: "Grass, the history of marijuana"
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|