|
Publicidade Contacto Novas Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*A
política estatal afástase da nova cultura da
auga
Redacción,
12 de maio
2005. A
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
(ADEGA)
manifesta a súa inquedanza por diversas
actuacións
do Ministerio de Medio Ambiente que supoñen un afastamento
da política estatal da nova cultura da auga. Estas
decisións tómanse cando semellaba que o novo Goberno
central, a diferenza do anterior, asumira en boa medida os
principios da nova cultura da auga. ADEGA comparte a preocupación
neste senso expresada pola Fundación Nova Cultura da Auga
(FNCA), formada por expertos de España e de Portugal. ADEGA
está preocupada pola forma en que se fará a
necesaria revisión dos Planos Hidrolóxicos Norte I
(bacías Miño-Sil e Limia) e Norte II (que inclúe
as bacías do Navia e do Eo)
ADEGA
aplaudiu no seu día a decisión do Ministerio de
Medio Ambiente de inviabilizar o encoro de Narla (Terra Chá),
impulsado pola Xunta e pola Deputación Provincial de Lugo
para o abastecemento de Lugo. Porén, cómpre non
esquecer que polo de agora seguen vixentes 10 propostas de encoros
no Plano Hidrolóxico Norte I, aprobado en 1998: Riolongo,
Miñotelo, Quintas, Guimarais, As Rozas, Neira, Quiroga,
Arcos, Tea e Faramontaos.
ADEGA rexeita decisións e
actuacións do Ministerio do Ambiente incompatíbeis
coa nova cultura da auga, como por exemplo a ampliación do
aproveitamento hidroeléctrico do encoro de Frieira (río
Miño), a forma en que se están a executar as obras
de “acondicionamento” do río Mero, o atraso do
proxecto de restauración e conservación das Gándaras
de Budiño ou o escaso interese amosado na restauración
das áreas afectadas polas canteiras de lousa en Valdeorras
e no Courel.
Para a FNCA, “a vía libre que
recentemente recibiron os trasvases Júcar-Vinalopó e
Texo-A Mancha, así como o recrecemento de Yesa e Breña
II, no contexto da vixencia do anexo II do Plan Hidrolóxico
Nacional, afasta a política do Ministerio do Ambiente das
propostas da nova cultura da auga” e representan unha
“inflexión evolutiva”. A nova cultura da auga
avoga pola boa xestión da auga como recurso e dos
ecosistemas e paisaxes vinculados a ela. Neste sentido apuntaban
decisións positivas como a derrogación dos trasvases
do Ebro.
FNCA suliña que a política
tradicional de obras hidráulicas, incompatíbel coa
Directiva europea Marco de Augas, “saldouse con notábeis
fracasos: lonxe de conseguir auga abundante “para todos”,
impulsou a espiral insustentábel de demanda de auga e a
crispación no seu reparto así como a diminución
da calidade”.
A proposición de iniciativa
lexislativa popular para a conservación e a mellora dos
ríos galegos (www.ilprios.org) que ADEGA impulsa xunto con
outros colectivos, está inspirada polos principios da nova
cultura da auga e contribuiría á aplicación
da Directiva marco da auga no noso país.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|