Publicidade
Contacto
|
*SENTENZAS CONDENATORIAS PARA O CONCELLO DE LUGO EN MATERIA LABORAL NO PERIODO 2003-2006
Redacción 11 de decembro de 2006 Total: 18 sentenzas condenatorias que xeraron indemnizacións por importe de 700.000 euros e doutros 415.000 pendentes de resolución
1.- Sentenza, de 17 de febreiro de 2004 do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, que condena á Concello de Lugo a indemnizar a tres traballadores despedidos do servizo de augas con mais de 100.000 euros, donde se fala de que o sistema de contratación empregado polo Concello de Lugo supón unha clara actuación en fraude de lei.
2.- Sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo de 25 de outubro de 2004, que anula o procedemento seguido para o nomeamento, como funcionario interino, do Director Técnico da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil por considerar que a aprobación desas bases se fixo incorrendo en desviación de poder ó estar feitas para unha persoa en concreto. Esta sentenza foi confirmada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza o 24 de maio de 2006, confirmando dita sentenza a existencia de desviación de poder.
3.- Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, de 16 de marzo de 2005, anulando o nomeamento como funcionarios interinos dos policías locais.
4.- Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, de 19 de outubro de 2005, recoñecendo un complemento de nocturnidade a aboar no complemento específico dos policías locais de 173,26 euros mensuais. Cobrado por 14 policías por 24 meses por un importe total de 58.128 euros. Outros 100 policías tamén recurriron, polo que de serlles concedida tamén a indenmización suporía outros 415.000 euros.
5.- Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, de 9 de novembro de 2005, anulando a oferta de emprego público.
6.- Sentenza de 30 de xuño de 2005, do Xulgado do Social de Lugo, condenando ó Concello de Lugo por neglixencia na morte dun funcionario do Concello na ETAP en acto de servizo. A indemnización foi de 216.000 euros máis outros 216.000 euros que están pendentes da vía penal.
7.- Sentenza de 13 de xullo de 2005 do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza anulando a contratación dun auxiliar administrativo para un posto que debe ser desempeñado por funcionario, sinalando que o Concello non pode contratar persoal laboral temporal para realizar traballos que teñen natureza permanente dentro da organización administrativa e pola simple vía de non modificar a relación de postos de traballo.
8.- Catro recursos contencioso-administrativos que deron como resultado catro sentenzas condenatorias contra a contratación de: un Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas, un Licenciado en Ciencias Ambientais, un Auxiliar de Topografía e un Arquitecto. Ditos recursos foron gañados na súa totalidade polos sindicatos, sendo en todas elas recurrente o argumento do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza cando dí que: “como en outras ocasións, se ven observando por parte do Concello de Lugo unha constante tendencia a laboralizar a súa prantilla de persoal pola vía de contratar a persoal laboral para ocupar prazas reservadas a persoal funcionario. Ante as sucesivas anulacións xudiciais de este tipo de contratacións, parece ser que o ente local referido, como é a consistente en convocar un posto de traballo inexistente na prantilla municipal, valéndose da proposta efectuada en tal senso por un servizo concreto do Concello e baixo a apariencia de responder a unha necesidade específica, urxente e temporal.”. E dicir que o Concello de Lugo, sin que existan prazas vacantes na prantilla de funcionarios nin na de laborais invéntase unhas necesidades específicas para poder contratar, ven sexa por obra ou servizo ou con carácter eventual, a persoal incumprindo non só as leis, senón incluso facenso caso omiso as reiteradas sentenzas xudicias da máxima instancia que é o Tribunal Superior que sinala sempre “como en anteriores ocasións se ven observando”.
9.- Sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo, de 23 de marzo de 2006, declarando nulo de pleno dereito o Decreto do Concelleiro de Persoal sobre a reorganización dos servizos electromecánicos do Concello creando unha brigada na zoa rural baixo a dependencia do Concelleiro de zona rural.
10.- Sentenza dictada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, de 7 de xuño de 2006, que condena ó equipo de goberno por persecución sindical á Presidenta da Xunta de Persoal do Concello de Lugo ó cesala vulnerando o seu dereito á liberdade sindical e á garantia de indemnidade hacia a súa persoa. A indemnización foi de 12.000 euros.
11.- Dúas sentenzas do Xulgado Contencioso Administrativo de Lugo anulando o reparto da productividade. As sentenzas indican que o Goberno local asinga o complemento de productividade mediante decreto, cando este reparto se debe facer mediante negociación e acordo cos sindicatos.
12.- Sentenza do Xulgado Contencioso-Administrativo de Lugo de 16 de agosto de 2006, que condena ao Concello de Lugo a pagar 30.000 euros a seis ex becarios da banda municipal por esistir “fraude de lei” na súa contratación e “despido improcedente”.O Xulgado considera que os seis músicos foron contratados como becarios pero desempeñaban funcións de persoal laboral. “Debe deducirse, dada la orfandad probatoria de la parte demandada que no existió formación sinó aprovechamiento de sus aptitudes musicales para satisfacer las necesidades de la banda municipal, lo que evidencia que la relación que vincula a ambas partes debe calificarse como laboral porque no existía voluntad formativa ni clases específicas para becarios”, di o fallo xudicial. Outros cinco becarios na mesma situación rematan o día 31 de decembro, polo que recibirán a mesma indemnización.
13.- Sentenza 491/06 do Xulgado do Social de Lugo de 5 de decembro de 2006 condenando ao Concello de Lugo polo despedimento improcedente de dúas traballadoras da Oficina Municipal de Turismo ás que o Concello deberá pagar unha indemnización de 50.000 euros. As traballadoras prestaban servizo na Oficina de Turismo da Praza da Constitución. A xestión desta oficina foi privatizada este ano polo Concello, que despediu ás dúas traballadoras. A sentenza obrigao a readmitilas na plantilla municipal ou ben a indemnizar a cada unha delas con 16.000 euros máis 42,19 euros por día transcorrido dende o pasado 30 de xuño no que foron despedidas.
(O Goberno de Orozco perdeu a totalidade das demandas xudiciais que lle foron presentados polos traballadores ou sindicatos polas súas prácticas laborais neste mandato. Destas 18 sentenzas, 8 son do TSXG. Ademais das indemnizacións fixadas ou da anulación de contratacións efectuadas, o Concello de Lugo tivo que correr coas costas en todos estes xuizos)
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
Publicidade:
|