ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foros
Arquivo
Ligazóns

*Actos conmemorativos da Declaracion Universal dos Dereitos Humanos

Chuza! esta nova!
Redacción 11 de decembro de 2006 A Iniciativa polos Dereitos Humanos, unha plataforma unitaria da sociedade civil galega, convoca á cidadanía a participar nos Actos Conmemorativos do Día Internacional dos Dereitos Humanos que terán lugar os días 12, 13 e 14 de decembro no IES Rosalía de Castro e na Facultade de Filosofía (Pza. de Mazarelos) de Compostela.

A Iniciativa está formada polas seguintes organizacións e entidades: Amnistía Internacional, Coordinadora de Crentes Galegos, Coordinadora de ONG para o Desenvolvemento, Encrucillada, Esculca, Foro da Inmigración, Fundación 10 de Marzo, Fundación Luis Tilve, FESGA, Galicia Acolle, Irimia, Seminario Galego de Educación para a Paz (Fundación Cultura de Paz) e Xustiza e Sociedade.

Os Actos organizados son os seguintes:

DÍA 12, ás 19:30 horas, IES Rosalía de Castro:

· Presentación da Iniciativa polos Dereitos Humanos
· Lectura colectiva da Declaración Universal por alumnado do Rosalía e distintas personalidades.
· Actuacións de Xurxo Souto, Candido Pazó e Emilio Rúa

DÍA 13, ás 19:30 horas, IES Rosalía de Castro:

· Proxección da película documental “Camino a Guantánamo”.

DÍA 14; 19:30 horas, Facultade de Filosofía (Pza. de Mazarelos)

· Mesa Redonda cos protagonistas de “Camino a Guantánamo”, Ruhal Ahmed e Shafiq Rasul.

Voltar a novas

Ver anteriores

Publicidade: