|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns |
*Somos unha PotenZia?
Redacción 11 de xuño de 2006
Inventámolo fútbolín, a calculadora... Temos xente ben colocada por todas partes. Un galego foi rei dos xíbaros, outro púxolle letra ao tango ‘Garufa’. O primeiro executivo do mundo naceu no noso país. Témolo copyright da retranca. SOMOS UNHA POTENZIA.
Diso se trata. Un talk show dirixido e presentado por Carlos
Blanco, con entrevistas, música e humor, cun fío condutor específico
para cada programa. Semana a semana seremos unha ‘Potenzia’ en
cousas tan dispares como curvas, valados, carpas e festas gatronómicas
ou mulleres bravas...
Fora complexos: SOMOS UNHA POTENZIA. E, como tal,
traballamos para crear nosos propios servicios secretos. Carlos Blanco recibe semanalmente no programa a galeg@s dispost@s a formar parte da ZIA, un
corpo especial de espías de Galicia. Esta “metáfora-ficción” cohesiona de forma leve, tenue e, sobre todo, irónica os contidos estructurais do programa.:
xente coñecida, e outra que non o é tanto, que fala , ri e conta as súas cousas.
O programa estructúrase ao redor de dúas entrevistas. A primeira é a
un personaxe de sona. Na segunda alternanse xente do común e vips segundo conveña. Neste esquema intercálanse seccións en vídeo e personaxes
co propósito de dinamizar o programa. Ao final do mesmo, Carlos Blanco fía
un monólogo que “editorializa” sobre o tema monográfico da emisión.
O público en plató é un elemento habitual que interactúa co presentador. A música é outro dos ingredientes e aparece nun orixinal soporte. Os números musicais que se inclúen nos programas teñen carácter específico.
Se houbese que poñer exemplos similares pre-existentes na TV nos últimos anos, deberiamos citar: “La Noche de…”, “Sitio Distinto”, “Adiviña
quen vén esta noite”.
SOMOS UNHA POTENCIA é unha idea orixinal de Carlos Blanco e
de Antón Reixa. De emisión semanal en prime time, ten unha duración de 75
minutos. O programa é unha producion de Filmanova para TVG e comezará
a emitirse o vindeiro doce de xuño.
Voltar a novas
Ver
anteriores
|
|