Publicidade
Contacto
|
*Galiza pide a protección do estado español fronte a Noruega
Rusia xa suspendeu a compra de pescado ao país escandinavo
Océano Ártico 10 de decembro de 2006 A mediados deste ano a situación dos buques galegos no caladoiro de Svalbard, próximo ao Ártico, foi bastante tensa debida á posición de acoso do goberno Noruego, que se saldou co apresamento de tres buques galegos arosa. Esta próxima campaña promete ser moito máis tensa tras a recente sentenza do Tribunal Supremo de Noruega, que aumenta as competencias do seu goberno na zona, reflectindo a intención de Oslo de apresar e reter moitos máis buques.
Os armadores galegos e españois dirixíronse ao secretario xeral de Pesca Marítima, co fin de que aclare as posturas que manterá o goberno de Madrid en caso de que se produzan incidentes coas autoridades de Oslo. Actualmente seguen esperando, nin sequera teñen un acuse de recibo do ministerio.
A xogada Noruega non é de todo estraña, e os galegos xa temos un largo historial neste tema, Canada, Irlanda... o acoso, moi posibelmente teña a intención de que os bancos de bacallau deixen de ser rendíbeis para así poder explotalos sen ningunha competencia. De feito, é nos estaleiros Noruegos onde están a construír o arrastreiro máis grande do mundo, con 144 metros de eslora; o que demostra as intencións noruegas de consolidarse como a primeira potencia mundial en canto a extracción de peixe do mar.
O pasado mes de outubro Rusia suspendeu todas as importacións de pescado de Noruega debido ao acoso dos seus barcos.
Voltar a Marítima
Ir á Portada
Ver Anteriores
|
Publicidade:
|