Publicidade
Contacto
|
*O porto d’A Coruña presenta a Don Inda
Corcubión e Cee terán un novo veciño
Ría de Corcubión 10 de decembro de 2006 Durante anos se botábamos unha mirada á ría de Corcubión, máis concretamente ao peirao de Brens, no concello de Cee, era inevitábel non fixarse nese barco de cor alaranxado, típico dos buques de salvamento marítimo, chamado Ría de Vigo.
Durante anos foi o barco por excelencia nesa ría até que hai dous anos foi trasladado a operacións no mediterráneo, sendo substituído polo buque polivalente Luz de Mar moitísimo máis moderno, pero este será novamente substituído polo novo buque presentado n’A Coruña, Don Inda.
O Don Inda é o terceiro dos catro buques polivalentes que o Ministerio de Fomento ten planeado incorporar á frota de salvamento marítimo, dentro do plan nacional de salvamento 2006-2009, co que o estado español pasa a multiplicar por 30 a súa capacidade para a recollida de hidrocarburos na mar. No 2004 a capacidade de salvamento apenas chegaba aos 80 metros cúbicos, agora será superior aos 2400.
Dito barco conta coas últimas tecnoloxías no sector e ocuparase da fachada galaico-cantábrica incrementando a seguranza marítima no tema de prevención e recollida de hidrocarburos, salvamento e asistencia marítima, remolque, buque loxístico para operacións varias, etc...
O Don Inda presenta un porte moito maior aos dos seus antecesores, 80 metros de eslora, 228 toneladas de tiro a punto fixo e 4 motores que desenrolan unha potencia máxima de 16000 Kw.
Mellorando notabelmente a capacidade asistencial aos buques en alta mar en Galiza.
Voltar a Marítima
Ir á Portada
Ver Anteriores
|
Publicidade:
|