|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*Vieiros,
A Nosa Terra, A Peneira, Galicia Hoxe e Tempos promoven unha
asociación de medios en galego
Redacción
10 de novembro 2005
Esta iniciativa á que Arroutada
Noticias tamén se suma (xa solicitamos información
para a nosa adesión) pretende contribuír
ao proceso de asentamento dos medios en galego cara a consolidar
un espazo comunicativo no noso idioma e fomentar a súa
presenza pública é o principal obxectivo da nova
Asociación de Medios Escritos en Galego, AME,
impulsada polas empresas editoras de A
Nosa Terra, A
Peneira, Galicia
Hoxe, Tempos
Novos e Vieiros.
A entidade, que está en proceso de constitución,
está aberta a calquera publicación do ámbito
da información xeral que sendo editada no pais, estea
realizada integramente en galego e que conte cunha periodicidade
non superior a dous meses.
A
AME nace co ánimo de defender os intereses das empresas que
o compoñen e o seu afortalamento dentro do mercado dos
medios no país, ademais de contribuír ao proceso de
asentamento dos medios en galego de cara a consolidar un espazo
comunicativo no noso idioma e fomentar a súa preseza
pública.
Outro dos obxectivos é a
profesionalización do sector, de xeito que as empresas se
doten de estructuras sólidas que garantan a proxección
de cada medio de cara a asentar a independencia económica,
sostén imprescindible da liberdade de prensa. Entre as
funcións da asociación está a representación
do sector diante das administracións e promover iniciativas
lexislativas e administrativas que promovan a prensa en
galego.
Como obxectivos internos, a AME tenta debater
colectivamente os temas de interese para o sector e o asesoramento
para facer fronte aos problemas profesionais comúns,
ademais do intercambio de coñecementos e información
entre os seus membros.
Os socios fundadores consideran de
grande importancia o papel do sector privado na normalización
lingüística neste país, na medida en que estas
publicacións son unha plataforma publicitaria cualitativa e
cuantitativamente atractiva. Por outra banda, agardan o interese e
a implicación das administracións públicas na
promoción dos medios en galego, dada a importancia destes
no proceso de normalización da lingua e do propio país.
Nova
publicada en Vieiros.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|