|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*Brasil
acolle á tradición oral
galego-portuguesa
Redacción
10 de novembro 2005
A embaixada de Brasil en Bruxelas
acolle hoxe, ás 18.30h, a presentación da
Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués. En
plena conta atrás para coñecer a resolución
da UNESCO sobre a Candidatura – producirase o día 25
– intensificase a campaña de promoción e
divulgación desta iniciativa.
O
acto de presentación correrá a cargo do Embaixador
de Portugal en Bruxelas, e de Ana Miranda en representación
da Comisión Promotora da Candidatura. Logo intervirá
o escritor e poeta galego Xabier Queipo.
Amais
para por en escena parte da tradición oral que opta a ser
recoñecida pola UNESCO neste acto actuará o
grupo de pandereteiras Ialma -referente da música
galego-portuguesa na emigración- e o músico
brasileiro Mauricio.
O Embaixador de Brasil recibirá
a Delegación promotora en outubro
Lembramos
que o pasado 12 de outubro unha Delegación promotora da
Candidatura integrada por Luis Bará,
Director Xeral de Creación e Difusión Cultural da
Xunta de Galiza, Ana Miranda, responsable para asuntos europeos, e
Santiago Veloso e Lourdes Carita, Promotores da Candidatura en
Galicia e Portugal, se reunira con Jerónimo Mocardo,
embaixador de Brasil ante a Unión
Europea e anteriormente embaixador ante a UNESCO. Nese encontro
Jerónimo Mocardo, comprometera o seu apoio á
Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués e
avanzara que promovería un acto de presentación
da Candidatura na Casa de Brasil en Bruxelas o próximo 3 de
novembro. Ese feito fora valorado moi positivamente polos
promotores da Candidatura xa que significa “o primeiro
avance do compromiso de Brasil” con esta iniciativa
presentada ante a UNESCO.
Avance da
Candidatura en Europa
Por outra parte lembramos que un
total de 27 eurodeputados de España, Portugal e Italia
asinaron nas últimas semanas a declaración de apoio
a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués. As
últimas sinaturas, polo momento, foron as de Carmen Fraga e
Francisco Millán Mon do PP.
Descarga
o listado completo de Eurodeputados que apoian a
iniciativa
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|