|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*Vodafone
vai editar en galego os seus contratos e utilizará a
toponimia galega correctamente
Redacción
09 de novembro 2005
A
Mesa pídelle á compañía que haxa
servizo de atención
ao cliente en galego as 24 horas, tanto para particulares como
para empresas. Movistar
e A Mesa tratarán tamén nun próximo encontro
a necesidade de ofertar todos os seus servizos en galego.
O
Director de
Xestión de Clientes de Vodafone, Jaime Bustillo, púxose
en contacto co Presidente da Mesa pola Normalización
Lingüística, Carlos Callón, para informalo de
que están a realizar xestións para que o seu
contrato tipo estea dispoñíbel en galego. Ademais,
trasladoulle o interese de Vodafone en utilizar sempre a toponimia
galega correctamente.
Estes
pasos en Vodafone son froito dunha campaña iniciada pola
Mesa pola Normalización Lingüística de envíos
masivos de solicitudes ás empresas de telefonía
móbil para que oferten a opción de galego en todos
os seus servizos.
Vodafone
dá, nestes momentos, a posibilidade da atención en
galego aos clientes particulares, das oito da mañá
ás doce da noite, que se pode activar chamando ao 123. A
Mesa pide que este servizo na nosa lingua poida ser as 24 horas.
Ademais, nestes momentos non hai opción de atención
en galego para os contratos de empresas, malia que existe unha
demanda neste sentido.
Movistar quere “coñecer
as prioridades da Mesa”
O Director de Relacións
Sectoriais e Proxección Social de Movistar, Rafael de
Sábada, púxose tamén en contacto coa Mesa,
indicándolle o seu interese en “coñecer de
primeira man as súas prioridades e profundar no noso
esforzo por achegarnos á realidade de Galiza”.
Neste
encontro, que A Mesa agarda que se celebre nas próximas
semanas, pedirán que os clientes e clientas de contrato
teñan opción de todos os servizos en galego. Nestes
momentos, só a clientela con cartón de prepagamento
ten esa opción, chamando ao 220.
A Mesa continúa
coa súa campaña “Esixe un servizo de calidade.
Esixe atención en galego”
O colectivo
cidadán en defensa da lingua entende que negar a
posibilidade de usar o galego supón un tratamento pouco
axeitado e un deterioro na calidade do servizo de telefonía.
Por esa razón, continúan a animar a todos os
clientes e clientas de Vodafone, Movistar e Amena a que lles fagan
chegar as súas queixas ás respectivas compañías,
co firme convencemento de que coa presión cidadá se
conseguirán adiantos aínda máis importantes
no recoñecemento dos nosos dereitos lingüísticos.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|