ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Arroutada Internacional

Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*
A mocidade galega con Cuba e Venezuela


Redacción 10 de outubro 2005 Os días 14 e 15 de outubro celebrase na cidade española de Salamanca o XV Cumio Iberoamericano de Xefes de Estado e de Goberno. Distintas delegacións das diferentes nacións do Estado e de Portugal acudirán para participar nunha serie de actos internacionalistas, en defensa da soberanía dos pobos e opostos ás agresións imperialistas, e solidarios con Cuba e Venezuela, nacións que resisten hoxe ante a ofensiva do imperialismo norteamericano. Continúa a ler para saber como acudir á cita anti-imperialisata coa delegación galega.

Desde as organizacións convocantes remárcase que "é de enorme importancia neste momento histórico mostrar o noso apoio á Revolución Cubana e ao Proxecto Bolivariano", concretado nos últimos tempos no ALBA (Alternativa Bolivariana para América), como exemplos xa existentes de que é posible a construción nos pobos e no mundo dun sistema social e económico que defenda a dignidade das persoas e dos pobos.

Tamén na Galiza se organizou unha comitiva nacional, integrada por distintas organizacións, que participará na manifestación, que se prevé multitudinaria, que percorrerá as rúas de Salamanca o día 15 de Outubro ás 19.00h, e no posterior acto político-musical, que levará como lema "Rachando cercos, unindo pobos", e que incluirá a intervención de representantes das delegacións cubana e venezolana.

Os autobuses da delegación galega partirán de distintos pontos da Galiza [polo momento están confirmados Compostela e Vigo] o día 15 pola mañá, e volverán ao remate das actividades pola noite do mesmo día . O prezo para se inscribir é de 20 € por persoa, que inclúe desprazamento e a entrada ao acto político.

Se queres asistir con Galiza Nova a esta importante cita antiimperialista, podes envíar un correo electrónico ao e-mail info@galizanova.org ou ben anotarte no telefone 981553526.

Nova publicada no web de Galiza Nova.


Voltar a novas

Ver anteriores