|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*Bos
Aires acolle “EXILIOS” de Xan Leira
Redacción
10
de marzo 2006
O
filme comeza a súa andaina internacional.
O director Xan Leira viaxa
nestes días a Bos Aires para promocionar a súa
longametraxe documental: “Exilios”. Aproveitando a
viaxe do presidente da Xunta de Galiza á cidade porteña,
a preestrea do documental terá lugar o vindeiro día
13 de marzo, ás 20.00 no Teatro Bambalinas, sede do Museo
Galego da Emigración. Será o comezo da exhibición
en Arxentina de “Exilios” -nominada nos premios Mestre
Mateo á categoría de mellor longametraxe documental-
que se estreará de xeito comercial dez días máis
tarde, o 23 de marzo no Cine Cosmos -e simultáneos- na
cidade bonaerense.
Exilios
é o título escollido por Xan Leira para esta
longametraxe documental na que o percorrido vital de Lorenzo
Varela -marcado por un constante ir e vir de derrota en derrota-
constitúe o guieiro da narración. Unha intensa
biografía loitando en prol da liberdade que, xunto a
reconstrucción do contexto histórico no que viviu,
se convirte no reflexo da vida dos milleiros de galegos e galegas
que durante o século XX -primeiro pola emigración e
despois polo exilio tras a guerra civil- houberon de abandonar a
súa terra. Viviron o desarraigo e o esquecemento, por iso,
ao tempo que recuperamos a figura de Lorenzo Varela, homenaxeamos
a todos aqueles que a historia obrigou a vivir lonxe de
Galiza.
Voltar
a ArroutadaInternacional
Ir
a Novas
Ver
anteriores
|
|