ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*
Anxo Quintana esixe o cumprimento do pacto BNG-PSOE no relativo ao treito de alta velocidade Ourense-Lubián


Redacción 10de marzo 2006 O portavoz nacional do BNG pide que o novo Estatuto garanta os investimentos do Estado en Galiza até saldar a débeda histórica. O portavoz nacional do BNG demandou que o goberno central execute o acordado nas Cortes a cambio do apoio do BNG aos orzamentos do 206. Quintana afirmou, na rolda de prensa posterior a un encontro co presidente da Confederación de Empresarios de Galiza (CEG), que “houbo un pacto e debe ser respectado” e pediu unha explicación do Ministerio de Fomento.

Quintana e Encarna Otero formaban a delegación nacionalista que se reuniu co presidente da CEG, Antonio Fontenla e os presidentes dos empresarios de Pontevedra, José Manuel Fernández Alvariño, e Ourense, Francisco Rodríguez, para facer entrega do texto estatutario elaborado polo BNG. O portavoz nacional do BNG insistiu na necesidade dun acordo que blinde os investimentos estatais en Galiza, proposta que foi moi ben acollida polos empresarios. Este investimento debe garantirse até saldar a débeda histórica do Estado co País.

O BNG insistiu na necesidade de que o Novo Estatuto garanta a autonomía fiscal e a suficiencia financeira. Nese sentido, Quintana afirmou que a actual balanza fiscal e financeira está “distorsionada e manipulada”, e reclamou que se conte o Imposto de Sociedades á hora de elaborar os cálculos sobre o que aporta e recibe cada comunidade. En relación con isto, o BNG defende que as empresas que teñen a súa actividade económica en Galiza e a residencia fiscal en Madrid tributen no País.

Participación da sociedade

“Estamos reunidos cos empresarios, como nos reunimos cos sindicatos ou os colexios profesionais”, afirmou Quintana en referencia á campaña de difusión social da proposta estatutaria do Bloque. O líder nacionalista afirmou que o Estatuto non debe ser só cousa das forzas políticas senón que debe estar aberto aos distintos representantes das organizacións sociais.

Voltar a novas

Ver anteriores