|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*ADEGA
organiza unha xuntanza popular en Foz contra a destruccion do
litoral lucense
Redacción
10de marzo 2006
A
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
reunirá o vindeiro sábado, 11 de marzo, ás
11.30 na Casa do Mar de Foz a tódolos sectores sociais da
Mariña Lucense para demandar solucións ante as
ameazas á que está sometida toda a costa luguesa,
tanto urbanísticas como industriais.
Baixo
o lema "Por un mar e unha costa de todos e para todos",
ADEGA pretende reunir os sectores para debater sobre a
problemática derivada da especulación urbanística
e do futuro do litoral como espazo de valor paisaxístico e
ambiental. Como primeiro exemplo de destrucción ambiental
na Mariña Lucense está a ameaza da contrucción
dunha granxa de cultivos mariños na localidade ribadense de
Rinlo, promovida pola empresa ACUINOR, a que, de levarse a cabo,
suporía a ocupación definitiva de 42.000 metros
cadrados de espazo protexido e daría "carta branca"
á instalación doutros parques futuros de tecnoloxía
alimentaria no resto de costa galega.
Por outra parte,
avaliarase a situación costeira desde a perspectiva
urbanística, tendo en conta as posibilidades de
"marbellización do litoral" promulgadas polas
grandes empresas de construcción e axentes urbanizadores
que ameazan coa ocupación total da nosa costa, sen ter en
conta os aspectos medioambientais ou de protección da
natureza e paisaxísticos. Neste senso, tamén haberá
que analizar as consecuencias socio-económicas, xa que a
especulación urbanística incrementará o prezo
das vivendas na zona e fará que os lugareños non
poidan acceder a elas.
Neste documento achegamos a carta de
convocatoria da reunión que ADEGA remitiu ás
asociacións locais da Mariña coa intención
de xenerar un debate que serva de punto de partida para vindeiras
ocasións.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|