|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*O
Parlamento aproba a proposición non de lei do BNG de dar
carácter institucional ao Día da Clase Obreira
Galega
Redacción
10 de marzo 2006
Por
unanimidade, os grupos instan á Xunta de Galiza a
institucionalizar a data do 10 de Marzo. O Parlamento de Galiza
vén de aprobar por unanimidade dos grupos unha proposición
non de lei presentada polo BNG pola que se insta á Xunta a
dar carácter institucional ao día 10 de marzo, Día
da Clase Obreira Galega.
“O
Parlamento insta á Xunta a sumarse expresamente aos actos
do 10 de marzo, en conmemoración do que as organizacións
sindicais galegas denominan Día da Clase Traballadora
Galega e recoñecela como data de referencia de todos os
esforzos e sacrificios que os traballadores e traballadoras
galegas fixeron en 1972 individual e colectivamente para
contribuír a traer pacificamente a democracia”. Así
é na súa integridade o texto aprobado.
O
deputado Fernando Blanco Parga foi o encargado de defender, no
Parlamento de Galiza, a proposición non de lei do BNG
finalmente aprobada por todos os grupos da Cámara. Na súa
intervención destacou que os feitos acontecidos en 1972 en
Ferrol “transcenden a historia e marcan un antes e un
despois no sindicalismo” e lembrou que son un referente “dos
esforzos colectivos da clase traballadora galega a prol da
liberdade”.
Blanco Parga fixo un repaso dos sucesos
conmemorados nesa data e puxo especial énfase no feito de
que “34 anos despois, esta data siga a lembrar” e se
teña constituído nunha “referencia”, ao
tempo que cualificou de “feito de dignidade colectiva”
recoñecer a importancia simbólica destes
acontecementos no Ano da Memoria Histórica.
Fonte:
web da
CIG.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|