ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*
O BNG apoiará as manifestacións convocadas pola cig en Vigo e Ferrol con motivo do día da Clase Obreira Galega


Redacción 10de marzo 2006 Bieito Lobeira anuncia a oposición do BNG a unha nova reforma laboral “que vaia contra os intereses da maioría social”. O secretario de Acción Social da Executiva do BNG, Bieito Lobeira, anunciou en rolda de prensa o apoio á celebración do Día da Clase Obreira Galega, que conmemora a morte de dous obreiros dos estaleiros de Ferrol a mans da policía franquista no 1972. Así, a organización nacionalista participará nas manifestacións convocadas pola Confederación Intersindical Galega en Vigo e Ferrol, que teñen como lema a loita contra a sinistralidade laboral.

Lobeira anunciou tamén a satisfacción do BNG pola aceptación oficial do 10 de Marzo polo parlamento galego. Ao tempo anunciou a oposición do BNG a unha nova reforma laboral que “vaia contra os intereses da clase traballadora”, ante o anuncio das negociacións en Madrid entre o goberno central e as centrais sindicais CCOO e UXT.

Ademais, o tamén deputado nacionalista propuxo que os 3 sindicatos maioritarios sexan os primeiros en comparecer ante a comisión que elaborará o novo Estatuto de Galiza. Así, o Parlamento amosará o interese en buscar solucións aos graves problemas sociais e laborais do país: paro elevado, emigración, salarios e pensións baixas, a precariedade laboral máis elevada da Unión Europea e a sinistralidade laboral.

Novo Estatuto

O texto estatutario do BNG inclúe as relacións laborais como competencia exclusiva de Galiza, segundo afirmou Lobeira, quen fixo un paralelismo entre a loita dos traballadores do naval no 72 por negociar o seu convenio colectivo en Ferrol e esta proposta.

Voltar a novas

Ver anteriores