ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*
O BNG vota en contra da proposta de Estatut Valenciá


Redacción 10 de febreiro 2006 Rodríguez defendeu emendas en favor do pluralismo lingüístico e criticou a actitude de PP e PSOE nesta tramitación.

Francisco Rodríguez e Olaia Fernández Davila opuxéronse ao texto estatutario do País Valenciá que se votou no Pleno da Cámara Baixa, reprochando ao PSOE e ao PP o seu "comportamento pouco transparente".

O deputado e a deputada do BNG no Congreso, Francisco Rodríguez e Olaia Fernández Davila, votaron en contra do dictame sobre a reforma do Estatut Valenciá este meiodía no Pleno da Cámara Baixa porque é froito dunha operación bipartidista, e que en nada favoreceu o pluralismo político.

Na súa intervención perante o Pleno, Francisco Rodríguez reprochou aos dous partidos maioritarios, o PP e o PSOE o "seu comportamento pouco transparente na tramitación deste texto no Congreso" e os acusou de "actuar de forma desconsiderada ao non atender nengunha das demandas doutras organizacións políticas".

O parlamentar nacionalista afirmou que as emendas apresentadas polo BNG a este proxecto de reforma estatutaria seguen a liña nacionalista, son as que nos transmitiu o Bloc Nacionalista Valenciá que non ten representación parlamentar". Unhas emendas referidas basicamente á cuestión lingüística e ao tema da barreira eleitoral para acadar representación nas Cortes Valencianas.

Rodríguez explicou que algunhas das nosas propostas peden que figure no apartado lingüístico como idioma oficial do País Valenciá a denominación de valenciano e non a de idioma valenciano porque pertence a unha estrutura lingüística común e compartida con Cataluña e Illes Balears. A segunda cuestión que non se contemplou e que é outros dos argumentos do BNG para posicionarse en contra da proposta de Estatut é a referente ao teito eleitoral para obter escano. Rodríguez reclamaba que se cambiase a porcentaxe actual que é do 5% e se deixase no 3%. "É fundamental posibilitar a presenza de todas as organizacións significativas e non excluír ás forzas políticas por non acadar o 5% no conxunto da Comunidade Autónoma".

"Por estas razóns non podemos apoiar o texto estatutario que saiu da Comisión Constitucional e gostarianos que se aproveitase esta sesión para cambiar as cousas ", rematou o parlamentar nacionalista.


Voltar a novas

Ver anteriores