ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Arroutada Internacional

Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*
O banner da polémica: o PNV nun web nazi??


Redacción 10 de xaneiro 2006 Onte publicabase no web de Codigo Cero que un banner da formación política basca EAJ-PNV (Partido Nacionalista Vasco) aparecía (e aparece) na portada do portal nazi nazi.org. Isto colleunos de sorpresa a todos e todas incluíndo ao propio EAJ-PNV, quen xa solicitou aos donos do portal a retirada inmediata deste banner.

A continuación reproducimos o comunicado integro do EAJ-PNV:

Benvenidos ao ámbito das liberdades e o xogo democrático

En relación á inclusión dun banner de EAJ-PNV na web de Libertarian National Socialist Green Party, o Partido Nacionalista Vasco quere facer constar:

1. EAJ-PNV descoñecía até hoxe a existencia do web Libertarian National Socialist Green Party.

2. Ninguén solicitou sequera a EAJ-PNV permiso para incluír banner algún, nin se produciu información previa respecto diso.

3. EAJ-PNV dirixiuse xa ao web Libertarian National Socialist Green Party exixindo a inmediata retirada do banner.

4. EAJ-PNV resérvase as oportunas accións legais.

5. Para quen carezan de información concreta, Euzko Alderdi Jeltzalea-Partido Nacionalista Vasco é un dos partidos centenarios da Unión Europea. Socio fundador e membro do Partido Demócrata Europeu. É un partido humanista de inspiración cristiá, socialmente progresista, que sempre loitou en favor da democracia e as liberdades, que defendeu o goberno da República xurdido das urnas e en contra do golpe militar fascista do Xeneral Franco, e colaborou coa Resistencia francesa e o exército dos aliados contra o nazismo de Hitler.

6. EAJ-PNV descoñece as razóns que levaron a Libertarian National Socialist Green Party a incluír na súa web un banner coas siglas EAJ-PNV, pero os responsables do citado web deben saber en todo momento que están remitindo aos seus usuarios a unha dirección con 110 anos de loita democrática, antinazi e antifascista.

Benvenidos todos ao ámbito das liberdades e o xogo democrático.

Fonte: Codigo Cero e web oficial do EAJ-PNV.


Voltar a novas


Ver anteriores