|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*As
medidas da Consellaría comprometen a conservación
efectiva do LIC “As Catedrais”
Redacción
10 de
xaneiro 2006
Á
espera de que poidamos coñecer en detalle as novas medidas
correctoras impostas á planta de acuicultura do Sr. Alvárez
Cascos en Rinlo (Ribadeo), dende ADEGA
insisten en que, dende o punto de vista da xustiza social e dunha
legalidade ambiental que hai que aplicar a todos/as por igual, non
poden existir outras medidas correctoras que as de buscar
unha ubicación fóra da Rede Natura.
A
este respeito ADEGA quer facer constar o seguinte:
1.
Con estas medidas correctoras, a Consellaría de Meio
Ambiente parece querer introducir un novo
conceito de conservación dos hábitats prioritarios
da Rede Natura, contrario ao que
define a Directiva Europea por Lugar de Importancia Comunitaria
(LIC) e por Zona de Especial Conservación (ZEC). Segundo a
interpretación da Consellaría, a conservación
dos hábitas prioritarios en calquera espazo da Rede Natura
redúcese á delimitación da parcela ocupada
polos hábitats prioritarios, podendo ser urbanizado todo o
resto coma se dun xardín botánico se
tratara.
2.
Durante a avaliación ambiental non se estudou
ningunha alternativa de ubicación fóra da Rede
Natura e, polo tanto, non pode
aceitarse razón algunha para alterar a integridade deste
Lugar de Importancia Comunitaria, cunha instalación que vai
ocupar irreversiblemente 42.000 m2 de espazo protexido.
A este respeito, paga a pena recordar, que o Sr. Alvárez
Cascos ubica dende o primeiro momento a súa piscifactoría
dentro da Rede Natura (maio 2004), cando nen sequera tiña
sido sometido a información pública o correspondente
Estudo de Impacto Ambiental e sen, polo tanto, agardar á
que a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación
Ambiental decidira cal das ubicacións posíbeis tiña
menor impacto.
3. Non parece
coerente que se poidan negociar calquera tipo de medidas
correctoras cun promotor que fai caso omiso dos
avisos da Dirección Xeral de Conservación da
Natureza, para absterse de actuar sobre a parcela ata ter aclarado
as discrepancias xurdidas sobre o impacto da instalación e
sen antes obrigarlle á recuperación dos hábitats
que intencionadamente destruíu (para así poder
argumentar ante o xulgado que non proceden as medidas cautelares,
porque xa non hai hábitats prioritarios que
protexer).
Dende ADEGA, a pesar desta “innovadora”
interpretación que a Consellería de Meio Ambiente
quere facer sobre o alcance da conservación dos hábitats
prioritarios, seguiremos insistindo ante o xulgado e ante a
Comisión Europea na ilegalidade desta ubicación.
Porque
é de lei, pero tamén por xustiza social.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|