|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión ForoNOVO!!! Arquivo Ligazóns
|
*Amnistia
Internacional denuncia que EE.UU. detivo a 70.000 persoas fora do
seu territorio
Redacción,
09 de agosto 2005
"Débese de acabar coas detencións segredas",
dixo Sharon Critoph, investigadora de Amnistía
Internacional. AI denunciou que unhas 70.000 persoas foron detidas
por Estados Unidos fora do seu territorio e asegurou que a prisión
de Guantánamo "non é máis que a punta
visíbel do iceberg"
Un
informe publicado pola organización humanitaria detalla o
caso de Salah Nasser Salim Ali e Muhammad Faraj Ahmed Bashmilah,
dous iemenís detidos durante 18 meses por EE.UU. nunha
prisión segreda de Xordania.
A
organización humanitaria asegura que os detidos, residentes
en Indonesia, están encadeados, sen ver a luz solar e sen
poder contactar con familiares ou avogados.
Ambos os dous
relataron a AI que foron torturados durante catro días
polos membros do servizo de intelixencia xordanos antes de ser
enviados por avión a prisións subterráneas
non identificadas onde permaneceron durante máis de ano e
medio sen seren acusados de delicto algún.
Agora
atópanse nunha prisión de Iemén, detidos
polas autoridades do país, que -sempre segundo Amnistía
Internacional- recoñecen que non se formularon cargos
contra eles e que, polo tanto, non hai razón para que teñan
que permanecer prendidos.
"Cremos que a situación
de estes dous homes é só un exemplo máis das
numerosas detencións segredas que están levando a
cabo as autoridades estadounidenses en todo o mundo",
asegurou a investigadora de Amnistía Sharon Critoph, que se
entrevistou cos citados iemenís.
Na súa
opinión, Washington debe de revelar a identidade de todas
as persoas detidas segredamente, concretar os lugares de
encarceramento e permitir unha inspección internacional nos
mesmos.
"Débese de acabar coas detencións
segredas, non só porque tales prácticas favorecen o
recurso á tortura e ao maltrato, senon porque facer
desaparecer a alguén da superficie da terra constitúe
un crime contra o dereito internacional", afirmou
Critoph.
Subliñou, ademais, que "os Estados que
colaboran con tales violacións dos dereitos humanos
fundamentais, como Xordania, Indonesia e Iemen parece que fixeron,
son tamén responsábeis".
Amnistía
Internacional reclama a liberación inmediata de ambos
iemenís, a non ser que sexan inculpados por algunha
infracción prevista pola lei e que sexan xulgados a través
dun procedemento xusto.
Los datos forman parte dun informe
que AI divulgou ao mesmo tempo que lanzou a "Campaña
contra a Tortura e os Tratos inhumanos e degradantes" baixo o
lema "un berro de protesta pode acabar con mil berros de
dor".
Fonte.
ADIN - Axencia Dixital de Noticias
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|