ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas

Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
ForoNOVO!!!
Arquivo
Ligazóns


*
A CIG maniféstase contraria á proposta de Solbes de incrementar os impostos indirectos porque prexudica fundamentalmente ás rendas máis baixas


Redacción, 09 de
agosto 2005 A
Confederación Intersindical Galega (CIG) critica a proposta feita pública por Pedro Solbes, para a súa aprobación nos Presupostos Xerais do estado de 2006, de incrementar os impostos indirectos, ademais de en alcol e tabaco, en produtos tan básicos como transporte, electricidade ou hidrocarburos, para facerlle fronte ao financiamento da sanidade. A CIG aposta pola aplicación de impostos directos progresivos en función das rendas, para que paguen máis aqueles que teñen máis ingresos.

A CIG valora a proposta de incremento dos impostos indirectos nun 5% -por riba do IPC previsto para 2006- como “regresiva, reaccionaria e favorecedora das rendas máis altas”.

O Secretario Xeral, Suso Seixo, afirma que a CIG “entende que a Sanidade ten que financiarse a través dos Orzamentos primando a fiscalidade dos impostos directos sobre as rendas, para que pague máis que dispón de máis renda”.

Pola contra a proposta de financiar o déficit sanitario a través do consumo e non da renda grava fundamentalmente á clase traballadora, que xa ten reducida a súa capacidade adquisitiva e graves dificultades para chegar a fin de mes, tal e como o constatan os diversos estudos que ten realizado a CIG ao respecto.

Pero se xa é grave que se pretenda incluír a posibilidade de que as autonomías podan aplicar un recargo en imposto especial sobre a electricidade para financiar a Sanidade, que gravaría cada recibo da luz aplicándolle un incremento de até un 4, 8%, máis aínda o é a intención de desenvolver o céntimo sanitario, aplicándolle unha carga de até 2,4% céntimos por litro de carburante.

A este respecto, Suso Seixo afirma que “isto provocará un incremento en cadea dos produtos máis básicos de consumo, repercutindo nun incremento de prezos da bolsa da compra e afectando sobre todo ás rendas máis baixas, ou o que é o mesmo, á clase traballadora”.


Voltar a novas

Ver anteriores