|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns |
*O Mundial de futbol, tamén en galego
Redacción 09 de xuño de 2006 O único portal de fútbol galego na rede, futbolgalego.net, nacido canda a selección galega, vai facer un especial seguemento ao Mundial de Alemaña 2006 para tentar "darlle un pulo á páxina, necesario para medrar e non morrer", din o creadores do portal.
Por iso, xuntouse o "grupo orixinario de siareiros e siareiras con inquedanzas que artellaron os alicerces deste portal" e a mozos e mozas saídos da Faculdade de Xornalismo da USC, con colaboradores consagrados no eido do xornalismo deportivo, como Terio Carrera, Luis Timiraos, Irene Lourido... e ao propio Fernando Vázquez, que fará a crónica da final tentarase que o Mundial tamén exista na nosa lingua na rede.
E como a rede é universal, tamén se contará coa participación de oriundos para cubriren cadanseu país: Xapón, Alemaña, as máis cercanas, por mor da emigración, Arxentina, Suiza, México, a "nación irmá" Portugal... Asemade está asegurada a presenza de membros da redacción en Alemaña, informan dende o portal, para achegar máis aínda o sentimento do fútbol.
Queren lembrar dende o portal que na filosofía da páxina teñen cabida adestradores de fútbol base, xogadores que pagan por xogar nos seus equipos de terceira rexional, psicólogos e mesmo xentes que discrepan do fútbol como un elemento do “mass media”. E que todo isto se foi facendo co traballo desinteresado de todas e todos estes amantes do deporte.
Pois xa sabes segue a crónica do Mundial de futbol dende www.futbolgalego.net e como din no seu portal, existimos aínda que non xoguemos!!!
Voltar a novas
Ver
anteriores
|
|