|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*Galiza Nova amosa a súa solidariedade coa folga do metal
Redacción
09 de maio 2006 Ante os acontecimentos do día de onte en Vigo, Galiza Nova quer mostrar a súa indignación ante un novo episodio de violencia policial e do recurso á mesma de novo nun conflicto laboral. De novo comprobamos como os dereitos e liberdades sufriron nos últimos anos un constante recuar, o que provoca que conflitos sociais e laborais como este rematen frecuentemente do peor xeito posíbel, subsituindo as mesas de diálogo polos xulgados e as razóns pola forza policial. En todo caso, a criminalización dos conflitos non os soluciona, senón que os agrava, indican dende as mocidades do BNG.
Porén fan un chamamento á mocidade galega a solidarizarse activamente cos represaliados e a exixir responsabilidades. Galiza Nova manifesta tamén a súa solidariedade cos milleiros de traballadores e traballadoras do metal que se veñen mobilizando nas últimas datas dentro do proceso de negociación do seu convenio; e informan que "pularemos por extender a solidariedade ao ámbito xuvenil", en particular coa convocatoria dunha folga xeral no ensino na cidade de Vigo para o próximo xoves 11 de maio.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|