ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*
O BNG CONTRIBUIRÁ A ESTABELECER ACORDOS ENTRE O GOBERNO GALEGO E OS DE CUBA E VENEZUELA

Re
dacción 0
9 de maio 2006
Bieito Lobeira afirma que os nacionalistas galegos están "moi esperanzados pola actual dinámica política en América Latina".
A reunión entre representantes da Executiva do BNG e responsábeis do partido venezolano “Patria Para Todos” (PPT) e do Partido Comunista Cubano, contribuirá a “estudar posibilidades de colaboración entre o goberno galego e os gobernos de Cuba e Venezuela”, segundo Bieito Lobeira, secretario de Acción Social da organización nacionalista. Cecilia Pérez Orxe, responsábel de Imaxe e Propaganda tamén participou na reunión.

Lobeira tamén afirmou que o BNG ve con esperanza “a dinámica política que hai en América Latina, pola que se estabelece unha alternativa á hexemonía estadounidense”. Así se lles expresou a Rafael Antonio Uzcategui, secretario de organización do PPT, un dos partidos que apoian ao presidente venezolano Hugo Chávez, e a Darío Machado, profesor universitario cubano e investigador en ciencias sociais e autor de numerosos libros, que acudiu en calidade de representante do Partido Comunista Cubano.

Ademais, os representantes do BNG informaron aos seus interlocutores de Cuba e Venezuela sobre o proceso de elaboración do novo Estatuto galego.

Voltar a novas

Ver anteriores