ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*
Xogas? en galego gañamos

Re
dacción 0
9 de maio 2006
Un ano máis está xa en marcha o Correlingua, actividade organizada pola AS-PG, CIG-Ensino e a Mesa pola Normalización Lingüística, xunto cos concellos de Pontevedra, Compostela, Lugo e Vigo e as equipas de normalización lingüística dos centros participantes. Trátase dunha actividade de carácter nacional que percorre Galiza cun denominador común que é a dinamización lingüística da mocidade Este ano o lema é: Xogas? En galego gañamos.

O Correlingua, que xa vai pola súa sexta edición, alcanzou ao longo destes anos unha alta participación dos centros de ensino e do alumnado, así como o apoio de persoeiros e organizacións de todo tipo. O vindeiro 10 de maio comeza en Santiago de Compostela para rematar o 24 de maio na Coruña e agardamos que máis 30.000 rapaces e rapazas percorran as rúas das vilas e cidades galegas chamando a atención sobre o noso ben máis prezado: o idioma.

O obxectivos do Correlingua son propiciar a reflexión sobre a situación da lingua e a importancia de activar as accións en prol dela; sensibilizar a sociedade, a través da poboación xuvenil, da importancia da defensa da lingua e asociar a reflexión lingüística a actividades colectivas, lúdicas e amenas e interdisciplinares.

O Correlingua iníciase no primeiro trimetre do curso coa convocatoria de dous concursos escolares, un de elaboración de Banda Deseñada para o alumnado de Infantil e Primaria, e outro de elaboración do manifesto para Secundaria. Trátase de dous certames de participación colectiva e os gañadores e gañadoras reciben un premio que, no caso dos participantes no certame de Banda Deseñada, os máis pequenos, é dunha saída dun día, a un lugar por determinar, e no caso do alumnado de Secundaria, participante no certame de elaboración do manifesto, é a participación no programa Coñece Galicia da Dirección Xeral de Xuventude.

A Actividade central, será a realizada a partir deste día 10 de maio e consistirá na realización de carreiras ou marchas polas principais cidades e localidades galegas: Santiago de Compostela, Fene, Mondoñedo, Lugo, Ourense, Salvaterra de Miño, Vigo, Pontevedra, Vilanova de Arousa e A Coruña. Ao rematar a marcha celebrarase unha festa final para a que contamos coa colaboración da TVG, grazas á cal o acto final vai estar protagonizado pola actuación musical do Xabarín. O presentador e condutor do acto será Manolo Romón, actor e presentador.

Nese acto central será lido o manifesto gañador do certame deste ano. Os seus autores e autoras son os alumnos e alumnas de 4º da ESO do CPI de Xanceda, Mesía. É un manifesto tradicional que ten por título: Manifesto escrito por nós, o futuro. Dicir tamén que o gañador do certame de Banda Deseñada foi o traballo presentado baixo o título:  Un mundo novo co galegoapresentada baixo o pseudónimo “OS MÁXICOS” (CEIP de Covas, Viveiro).

Desde a organización do Correlingua queren agradecer en primeiro lugar a participación e a implicación do profesorado dos centros participantes. Ademais salientan e agradecen, tamén, a colaboración da Consellaría de Cultura, da Dirección Xeral de Xuventude, e da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que, por primeira vez, e de forma moi importante con esta actividade.

Queren destacar tamén a colaboración da Deputación da Coruña, Deputación de Ourense e da TVG, a de vintecinco concellos e a de diferentes entidades: editoriais, supermercados e froiterías, librarías, Radios e prensa, clubes deportivos, Universidade de Vigo, Casa da Xuventude de Ourense, Caixanova, federacións de anpas, etc.

O próximo mércores, día 10 comeza o Correlingua.

EN GALEGO GAÑAMOS!!

Voltar a novas

Ver anteriores