ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*Galiza Nova non aceita a criminalización da mocidade por mor do "botellón"


Re
dacción
09de marzo 2006 Ante a polémica pública a respeito da convocatoria de macro-botellóns en diversas cidades, entre elas Vigo, Compostela ou A Coruña, Galiza Nova quer reiterar a súa aposta pola diversificación do desfrute do lecer nocturno e a súa negativa a aceitar a criminalización da mocidade galega.

En relación aos problemas derivados do consumo de alcol na vía pública, entendemos que a prohibición e a persecución, habitualmente promovidas desde o Partido Popular, non son unha solución real e aumentan a conflitividade e a crispación social. Por iso entendemos que a solución está no acordo e no consenso entre todos os sectores afectados (mocidade, veciñanza, hostalaría, etc...).

Ademais, desde Galiza Nova sempre demandamos que desde as Administracións se promovan actividades fóra dos circuitos comerciais habituais, de carácter gratuito e complementarias -e non substitutivas- das fórmulas de ocio practicadas habitualmente pola xente nova. Tamén entendemos fundamental a colaboración entre a Xunta de Galiza e as Administracións locais para descentralizar a oferta de lecer, adaptándoa ás características de cada municipio e / ou comarca, sen que fique nengunha zona excluída.

Por último, Galiza Nova quer alertar sobre a perigosa tentación de criminalizar a mocidade e lembra que a realidade xuvenil non se reduce a alguns dos aspectos máis salientados nos meios de comunicación. Cun discurso demagóxico, descríbese en moitas ocasións unha vida problematizada nuns aspectos que se atribúen a unha responsabilidade individual (drogas, botellón, vandalismo, etc...), cando as causas destes fenómenos son sociais e non só personais, e cando os grandes grupos empresariais e bancarios extraen grandes beneficios do modelo de ocio imperante; pola contra, exclúense do discurso público, polo xeral, outros problemas (precariedade laboral, acceso á vivenda, discriminación de xénero) que a pesar do seu impacto na mocidade apenas suscitan polémica e son asumidos dentro da normalidade.

Voltar a novas

Ver anteriores