|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*O
BNG trasládalle a XX.AA.as súas propostas en materia de
competencias sobre agricultura e gandeiría para o novo Estatuto
Redacción
09de marzo 2006
Roberto Mera e Luís Barcia tamén defenderon ante os representantes
do sindicato a necesidade da participación directa de Galiza na
Unión Europea para as cuestións de tipo agrario. O texto
articulado de Estatuto que propón o BNG contén competencias
exclusivas para Galiza nas materias de agricultura e gandeiría
"incluída a xestión dos fondos europeos que nesta materia
correspondan a Galiza e a transposición das normas europeas de
regulación dos mercados correspondentes". Así llelo
transmitiu ao sindicato Xóvenes Agricultores unha delegación
da Executiva do BNG, formada por Roberto Mera, responsábel de Política
Municipal e Luís Barcia, responsábel de Finanzas.
Mera e Barcia tamén lle explicaron aos representantes de Xóvenes
Agricultores (Manuel Fontela, vicepresidente, Francisco Bello Bello, secretario
xeral técnico, Tomás Díaz, secretario organización,
e a presidenta da Asociación de Mulleres e Familias de Ámbito
Rural, Dulce Iglesias) as cuestións relacionadas coa presenza da
Administración galega na Unión Europea. En concreto, a proposta
estatutaria nacionalista sinala a representación directa con voz
e voto nos Consellos de Goberno da UE para asuntos que teñan que
ver coas competencias exclusivas de Galiza ou que afecten sectores estratéxicos,
incluíndo a agricultura, gandeiría e política forestal.
O BNG transmitiulle a Xóvenes Agricultores a vontade de que esta
organización, como en xeral todo o tecido asociativo galego se
implique no debate sobre o Novo Estatuto. Roberto Mera valorou e agradeceu
"a receptividade e o interese que este sindicato amosa en participar
neste proceso coas súas propias propostas".
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|