|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*O
CPXG demanda do goberno de Zapatero o cumprimento do compromiso de manter
os centros e delegacións de TVE e RNE en Galiza
Redacción
09de marzo 2006
Para a consolidación e reforzamento dun espazo de información
e comunicación de servizo público en galego é de
urxente necesidade a posta en marcha dunha segunda canle da TVG. O compromiso
anunciado polo actual presidente do goberno, José Luis Rodríguez
Zapatero, cando afirmou “é unha obriga de servizo público
manter unha estructura territorial que dea resposta ás necesidades
informativas nacionais, autonómicas e locais” quedará nun
grave incumprimento se a actual dirección de RTVE e da SEPI levan
adiante a proposta de centralizar as emisións en Madrid. Isto significaría
a desaparación das desconexións de TVE en Galiza e por
tanto a supresión dos programas e informativos que se veñen
realizando diariamente na cadea pública estatal en Galiza. Para
RNE significaría prácticamente a desaparición das
emisoras provinciais deixando unha única emisora en Galiza con
funcións de simple delegación.
Estas previsións significarían na práctica
o desmantelamento en Galiza dos medios de comunicación públicos
de titularidade estatal e a perda do 60% dos postos de traballo dos profesionais
empregados nos mesmos. O CPXG entende que é unha obriga constitucional
imposta a tódolos gobernos de España a promoción
e difusión da pluralidade política, lingüística
e cultural das nacionalidades e comunidades autónomas que conforman
o estado das autonomías. Esta obriga adquire un especial significado
naquelas nacionalidades con lingua propia como é o caso de Galiza.
O CPXG agarda que o presidente do goberno manteña os compromisos
anunciados públicamente e non se deixe someter a outros intereses
que tratan de converter os medios de comunicación públicos
en medios irrelevantes social e políticamente. Se finalmente non
cumpre ese compromiso o CPXG considera imprescindible que desde as institucións
do goberno de Galiza se adopten as medidas precisas e se impulse a posta
en marcha da segunda canle da TVG para evitar que a función de
servizo público que deben cumprir os medios de comunicación
de titularidade pública non se vexa mermada para os cidadáns
galegos.
O CPXG reitera unha vez máis a súa defensa dus medios de
comunicación públicos verdadeiramente democráticos
como garantes da satisfación do dereito constitucional que temos
todos os cidadáns a recibir información veraz, plural e
contrastada. Ós medios públicos democráticos debémoslles
esixir que poñan a información ó servizo dos cidadáns
por enriba de calquer outro interese e que difundan o pluralismo e os
valores democráticos da crítica e a razón.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|