|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*II
Campionato galego kaiak extremo “Torrentes do
Ulla”
Redacción
09 de febreiro 2006
Os vindeiros
días 11 e 12 de febreiro, vaise celebrar o II Campionato
Galego de Kaiak Extremo “Torrentes do Ulla” nun treito
deste río caracterizado polas súas augas bravas e
situado nun entorno de excepcional valor paisaxístico e
ecolóxico (concellos de A Golada, Antas de Ulla e Palas de
Rei).
De igual xeito que na edición de 2005, este
acto, alén do interese deportivo, quere servir tamén
para denunciar o enorme impacto ambiental das 14 minicentrais
proxectadas polo anterior goberno na cunca alta do Ulla, dentro do
Plano Sectorial Hidroeléctrico Galiza-costa. Se estes
proxectos se levan a término, o sistema fluvial Ulla-Deza,
espazo incluido da Rede Natura 2000, quedaría convertido na
prática nunha sucesión de encoros e treitos
canalizados, estragando a enorme diversidade natural deste entorno
e as oportunidades de desenvolvemento sostíbel para a
poboación residente.
No
contexto de Galiza, un país que exporta máis do 40%
da enerxía que produce, cuns ríos que xa teñen
pagado impactos dabondo pola xeneración de enerxía
eléctrica, e nun río Ulla que xa está a
soportar os graves impactos do encoro de Portodemouros, non hai
ningunha xustificación para novos aproveitamentos
hidroeléctricos. Porén, demandamos da Xunta de
Galiza a inmediata revisión do Plano Sectorial
Hidroeléctrico conforme aos criterios de sostibilidade
contidos na Diretiva Marco da Auga e, consecuentemente, a
paralización de todos os proxectos de encoros aprobados
polo anterior governo.
Esta actividade encádrase
tamén na campaña de apoio social que a Comisión
Promotora da Iniciativa Lexislativa Popular en Defensa dos Ríos
está a desenvolver cara o próximo debate no
Parlamento Galego desta iniciativa. Ademáis de reclamar a
atención da sociedade sobre os enormes impactos destes
proxectos e poñer de manifesto a solidariedade do
ecoloxismo con todos os afectados/as, queremos convidarvos a
desfrutar dunha paisaxe excepcional e dunhas práticas
deportivas expectaculares e respectuosas co entorno.
Máis
información: www.arrepions.com/xtrem www.adega.info.
II
CAMPIONATO DE KAIAK EXTREMO “TORRENTES DO ULLA” 2°
COPA GALEGA DE KAIAK
EXTREMO www.arrepions.com
www.adega.info
DATA:
11 e 12 de Febreiro de 2006 LUGAR: Torrentes de
Mácara-Ramil (Río Ulla)
PROGRAMA:
SÁBADO
11
09.00 h Ábrese
o posto de recepción de
participantes Confirmación
de inscripcións. Entrega da bolsa e documentación
aos participantes. Entrega de bonos de acompañantes
(Praza do Concello de Palas de Rei) 11.00
h Inicio
das probas clasificatorias (tramo do "Cachón das
Pesqueiras") 13.30 h
Baixada-exhibición reivindicativa en contra dos encoros. En
kaiak polas Torrentes e acompañándoos camiñando
polas ladeiras das Torrentes (Entre As Augas e Ramil) 18.30
h Remate
da Baixada. Tempo de lecer até a cea 20.30
h Cea,
Proxección de vídeos. Actuación
de Grupos de Gaitas
DOMINGO 12 11.00 a
13.00 h
Probas finais (Tramo do "Cachón das
Pesqueiras") 14.00
h
Xantar (Ramil) Actuación
de grupos tradicionais Teatro
na natureza Xogos
populares 15:00 h
Entrega dos premios (Ramil)
Sorteo de agasallos
ORGANIZAN: Federación
Galega de Piragüismo Plataforma Social pola defensa do
Alto Ulla Arrepions ADEGA (Asociación
para a Defensa Ecolóxica de Galiza)
COLABORAN: Concello de A Golada Concello de Palas
de Rei Palas de Rei Concello de Monterroso
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|