|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*Pódese
ser funcionario/a da Xunta sen entender o galego
Redacción
09 de
febreiro
2006
Retírase
a única medida importante que se levou adiante en política
lingüística nos últimos seis meses. José
Luis Méndez Romeu dalle para atrás a un acordo
tomado xa durante o anterior goberno do PP, que contaba co apoio
de todas as forzas políticas. A
Mesa espera
que a Secretaria Xeral de Política Lingüística
compareza
publicamente para explicar o acontecido.
Perante
o anuncio de que a Xunta de Galiza recúa na súa
decisión de realizar en galego os cuestionarios tipo test
das oposicións convocadas o pasado mes de decembro, A Mesa
pola Normalización Lingüística quere
apuntar:
1.
A medida de realizar unha proba en galego tiña tras de si
un grande consenso, e segundo palabras do
propio Presidente do Goberno galego, ía en liña
co Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega aprobado
durante o Goberno do PP, e co apoio unánime de PSOE e
BNG.
2. O feito
de que se realizase unha proba tipo test en galego significaba que
calquera funcionario ou funcionaria tería unicamente a
capacitación mínima de comprensión escrita do
galego. Tratábase, pois, dunha medida moi tímida,
simplemente para garantir que calquera administrado que
quixese facer uso do galego na administración autonómica
sería entendido.
3.
Non se trata dunha “decisión xurídica”,
senón dunha “decisión política”,
tomada por José Luis Méndez Romeu polas fortes
presións contrarias á normalización do galego
existentes no seu propio partido.
4.
Parece unha burla á cidadanía que, despois do
informe do Consello Consultivo, a Xunta de Galiza tome unha
decisión que vai xusto no sentido contrario.
5.
A Mesa pola Normalización Lingüística espera
que a Secretaria Xeral de Política Lingüística,
como responsábel transversal da materia no Goberno galego,
compareza publicamente para explicar o acontecido.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|