ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*
A Mesa coloca na súa web os modelos de rótulos en galego da “lei antitabaco”, ao non ofrecelos o Ministerio de Sanidade


Redacción 9 de xaneiro 2006 Pídenlle á Consellaría de Sanidade que se axilice a confección dun modelo de rótulo propio e que se distribúa a todos os estabelecementos afectados.

A lei de medidas contra o tabaquismo indica que toda a sinalización referida a esta norma non só debe estar en castelán, senón tamén na lingua cooficial de cada comunidade autónoma. Porén, o Ministerio de Sanidade non ofrece ningún tipo de modelo de cartaz que respecte o disposto nesa lei e na súa páxina web simplemente indican que “en breve estarán disponibles en el resto de lenguas cooficiales”. O Ministerio de Sanidade está a dificultar así o cumprimento correcto da lei en Galiza.

Na páxina web do Ministerio de Sanidade só se poden consultar en galego a lona e o logo da campaña, que foron motivo de polémica polo seu mal uso do idioma e que afortunadamente xa están corrixidos.

Perante esta situación, desde a páxina da
Mesa pola Normalización Lingüística pódense baixar os rótulos en galego, que poñen tamén á disposición do propio Ministerio de Sanidade.

De calquera xeito, dende A Mesa son conscientes de que isto non é máis que un parche e que a solución ten que provir do propio Ministerio ou da Consellaría de Sanidade. A Mesa dirixiuse a María Xosé Rubio para lle solicitar que axilice a aprobación dunha lei autonómica cuns modelos de rótulos propios que cumpran tanto o disposto na norma estatal como co propio Estatuto de Autonomía, que sinala o galego como lingua propia de Galiza e como idioma a promover pola Administración
.


Voltar a novas

Ver anteriores