ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*O BNG estará presente nos actos da Diada de Catalunya organizados por CiU e ERC

Redacción 08 de setembro de 2006
Olaia Fernández Davila e Carlos Aymerich serán os representantes do nacionalismo galego. O Bloque Nacionalista Galego estará presente nos actos que o próximo luns 11 de setembro -día nacional de Catalunya- organizan as forzas nacionalistas deste país.

Aymerich, portavoz do BNG no Parlamento, acudirá pola mañá aos actos partidarios e institucionais que organiza Convergència i Unió. Pola tarde dará unha conferencia no concello de Riudecanyes sobre “Realidade nacional de Galiza, evolución do nacionalismo galego, situación política e ollada á realidade catalá actual”.

Olaia Fernández Davila, deputada no Congreso, asistirá pola súa parte aos distintos actos políticos que organiza Esquerra Republicana de Catalunya, e pronunciará unha intervención breve pola tarde no mitin republicano, antes da manifestación que percorrerá as rúas de Barcelona.

Voltar a novas


Ver anteriores